​Non vos deixedes enganar outra vez

Manoel Barbeitos
Economista


De  haber alguén beneficiado nunha baixada de impostos, estaría por ver, serían os cidadáns de rendas altas que nin precisan dos servizos públicos (ensino, sanidade, dependencia....), pois se poden pagar os privados, nin padecen o desemprego.


 



Se analizamos a historia partidista das últimas décadas comprobaremos como en relación a política tributaria as dereitas españolas, e galegas, sempre seguiron o mesmo guión. Esixirlle ao goberno de torno rebaixas fiscais cando están na oposición. Prometer que baixaran os impostos cando é a campaña electoral. Pero esquecerse das súas promesas, incluso facer o contrario do prometido, cando chegan ao goberno.


Non hai que retroceder moito no tempo, nin tampouco cambiar de partido (Partido Popular: PP), para confirmar o anteriormente subliñado. Así, por caso, o señor Mariano Rajoy (PP) si cando estaba na oposición lle reclamaba ao presidente de torno, o señor Zapatero (PSOE), que baixara os impostos, pasaría a prometer que non subiría ningún imposto senón que os baixaría cando a campaña electoral para logo subilos practicamente todos (IRPF, IVE, I. Sociedades, bebidas alcohólicas e tabaco.....) cando estivo no goberno.


O mesmo proceder ten agora o señor Feijoo (PP), novo presidente do Partido Popular (PP), cando dende a oposición lle reclama ao señor Sanchez (PSOE), presidente do goberno bipartito (PSOE/PP), unha baixada de impostos -"menos impostos"- algo que, por certo, el nunca quixo aplicar en Galicia cando tivo oportunidade, competencias e a maioría parlamentaria suficiente para facelo.


Sobre este tipo de propostas tributarias compre empezar subliñando que, ademais de entrañar grandes riscos fiscais, son contrarias aos actuais designios e normas fiscais da Unión Europea (UEM). Asemade para unha economía deprimida pola pandemia e a guerra de Ucraína son unha auténtica barbaridade económica. A proba témola en que, hoxe por hoxe, practicamente ningún goberno occidental, ningún organismo internacional defende unha baixada de impostos senón xustamente o contrario: a necesidade de subir e ampliar a tributación para poder facer fronte a situación actual.


Son unha barbaridade económica por que nun contexto de economías deprimidas, con uns sectores privados profundamente afectados pola caída tanto da demanda como a oferta globais resulta absolutamente necesaria unha potente actuación pública -ben con axudas directas a familias e empresas ben con investimento público directo- que tanto cubra as necesidades provocadas pola pandemia e a guerra canto turre do sector privado para que este recupere o seu dinamismo e o seu lugar. Unha actuación para a que o goberno español e as autonomías precisan de dispoñer dos oportunos recursos públicos que só poden vir por dúas vías: tributos e débeda pública.


Por outra parte nesta conxuntura depresiva unha baixada de impostos con toda seguridade provocaría o efecto contrario o que se anuncia ao favorecer un aumento do consumo das familias que faría medrar a inflación por mor dun exceso de demanda.


Velaí porque unha baixada de impostos sería totalmente contraproducente pois afondaría de inmediato na recesión o que dispararía o desemprego -cando está dando sinais moi positivas- e a desigualdade ao tempo que faría medrar o déficit e a débeda públicos. De haber alguén beneficiado nunha baixada de impostos, estaría por ver, serían os cidadáns de rendas altas que nin precisan dos servizos públicos (ensino, sanidade, dependencia....), pois se poden pagar os privados, nin padecen o desemprego.


Por todas estas razóns resulta oportuno o consello de que no vos deixedes enganar outra vez. 



 La secretaria general del Partido Popular y portavoz del partido, Cuca Gamarra; el líder del PP, Alberto Núñez Feijóo; y el consejero de la Presidencia, Administración Pública e Interior,

La secretaria general del Partido Popular y portavoz del partido, Cuca Gamarra y  el líder del PP, Alberto Núñez Feijóo presiden un acto del partido con el lema "menos impuestos".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE