Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.
“A economía do fascismo é unha economía
onde as grandes corporacións
quedan coas ganancias,
mentres os contribuíntes financian as perdas”.
Murray Newton Rothbard: economista estadounidense (1926-1995).
Ao flamante presidente do PP do estado español (elixido “á búlgara”) éncheselle a boca dicindo que Sánchez (claro) debe “baixar os impostos”. Feijóo, e o PP en xeral, falan deste tema cando é outro o que goberna, pero lembremos que Rajoy dixo o mesmo, e non tardou en subir todos os impostos que puido. Atrévese Feijóo a denunciar que “o Goberno se está forrando coa subida de la luz e do gas”.
Xúntanse moitos factores para que a subida do custo da vida sexa insoportable para as familias, pero tamén é sanguento que as administracións que deberían poñer os medios para resolver esta crise non o fagan... E, sobre todo, o presidente ausente de Galicia, que non fai máis que propaganda e ningunha soa medida a favor da poboación. Temos que lembrarlle que o céntimo sanitario en Galicia segue vixente (algún día “saberemos onde vai destinado este céntimo de cada litro de gasolina...”): por que non o quitou Feijóo?
Feijóo é o campión en non pedir transferencias ao estado español: en 13 anos de goberno pediu 0. Podería desenvolver medidas que palíen a situación de crise actual. Dicirlle que os impostos os pagamos para ter educación, xustiza, sanidade, transportes públicos, bombeiros, funcionarvos das diferentes administracións, etc. Se se reducen os impostos, todas estas materias quedan desatendidas co resultado dunha peor calidade de vida. Os impostos, non son para que se forre ninguén. É lamentable que se utilice este tema para facer campaña política de pacotilla e na promoción persoal, pero o escoitado nos últimos días, é cruzar un límite, onde usar a crise actual para promocionarse é inmoral.
O PP-PSOE son especialistas en privatizar empresas punteiras e esenciais: Repsol, Telefónica, tabacalera (Altadis), Iberia, Campsa, Endesa, etc.
O Déficit Público en Galicia no 2008 era de 3.954 millóns de euros; a 31/12/2021 se elvó a 11.715 millóns de euros. Xerouse unha débeda de 7.761 millóns de euros, é dicir: se unha familia ingresa tanto, non pode gastar máis do que ingresa, pero Feijóo si. El pode reclamarlle a outros o que non fai para si e endebedarse sen control para satisfacer as súas ambicións persoais. A cada galego tócalle unha carga impositiva de 3.680 euros, cando no ano 2008 era de 1.429. Vaia xestor!
No caso da AP, Galicia destina 182 euros/habitante. Segundo o Ministerio de Sanidade, só inviste menos: Madrid: 147 e/ h e Íllelas Balears con 178 e/ h. Así, o orzamento para AP é moi inferior o de Andalucía: 220 e/ h ou no País Valenciá: 196 e/ h. O orzamento do ano 2022 en Galicia é 178 euros inferior ao do ano 2009 cando chegou Feijóo ao poder...e coa que está a caer! Ademais, en Galicia, temos 17 centros de AP por cada 100.000 habitantes, un porcentaxe cinco puntos por baixo da media estatal.
Mediante a fórmula de financiamento Público-Privado ten que pagar 2.050 millóns de euros ata 2040; diñeiro que debemos polo Álvaro Cunqueiro, pola Autovía AG-56, a AG-52, a Autovía da Costa da Morte, etc. O goberno Gallego deberá pagar en total 13.764 millóns de euros. Insisto: vaia xestor!
A receita de Feijóo de baixar os impostos, supón, no caso concreto da AP, que teñamos menos médicos e médicas, menos enfermeiros e enfermeiras, menos traballadores sociais, etc. Se o que pretende é o que está a suceder de “falta de profesionais” non terá os traballadores que necesita; se non temos recursos para iso, a consecuencia é: consultas masificadas e profesionais sanitarios saturados e extenuados.
Por tanto, a redución ou aumento de impostos, depende das necesidades de cada momento, pero sempre pagando máis, quen máis ten. O de baixar impostos é unha temeridade...e o gasto en saúde é prioritario!
Escribe o teu comentario