​O Eixo Altántico inaugura a primeira oficina de cooperación transfronteiriza en Brasil

A entidade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal impulsa, xunto coa Unión Europea, a creación desta oficina de cooperación transfronteiriza.


|

A entidade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal impulsa, xunto coa Unión Europea, a creación desta oficina de cooperación transfronteiriza.


Este fito supón un paso importante nos proxectos de internacionalización do Eixo Atlántico, un dos puntos nos que traballará con máis afán neste 2022.


Eixo atlantico vazquez mao

Inauguración da oficina | Foto: Eixo Atlántico


O Eixo Atlántico do Noroeste Pensinsular, no ano do seu 30 aniversario, avanza no seu plan de internacionalización co que compartir a experiencia gañada nestas tres décadas de traballo e éxitos. Esta semana, Xoan Vázquez Mao, secretario xeral da entidade transfronteiriza, foi o encargado de inaugurar o primeiro Gabinete Transfronteirizo do Mercosur, en Santana do Livramento (Río Grande, Brasil).


No acto, xunto á Prefeita da localidade brasileira e o Intendente de Rivera, Uruguai, Vázquez Mao foi un dos responsables de cortar a cinta inaugural desta oficina que é un exemplo de eurociudad fóra de Europa: Santana do Livramento e a súa veciña uruguaia Rivera parecen unha cidade única con máis de 191.000 habitantes, aínda que pertencen a gobernos distintos.


“Estes municipios, a pesar de facer vida en común, non poden compartir servizos ou investimentos debido á ausencia dun marco xurídico como os existentes na Unión Europea”, sinalan desde o Eixo Atlántico. Con todo, esta será unha acción piloto no marco da cooperación transfronteiriza -para Mercosur “cooperación binacional”-  baixo a denominación portuguesa ‘Fronteira de Paz Sustentável’ cofinanciado no marco das “accións exteriores da Unión Europea” a través dunha convocatoria lanzada pola DG INTPA.


“Trátase dunha acción que contempla a creación do primeiro Gabinete de Cooperación Transfronteiriza de Mercosur, así como a elaboración da primeira Axenda Urbana binacional e a creación dun plan de modernización da recollida de residuos, complementado con accións de carácter social para a profesionalización da citada recollida de residuos sólidos, tarefa xeralmente exercida polas poboacións en situación de vulnerabilidade social”, explican desde o Eixo, moi implicado neste proxecto a través da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico.


Para Vázquez Mao, isto non é algo novo, xa que nos últimos anos son varios os municipios de Brasil, Paraguai, Arxentina e Uruguai que contaron co asesoramento do Eixo, que di observar “un alto recoñecemento polas iniciativas de cooperación internacional” que apoia a institución e que “privilexia o intercambio de experiencias e de boas prácticas en políticas públicas en rexións fronteirizas”.


Xoan vazquez mao

Xoan Vázquez Mao | Foto: Eixo Atlántico


CONGRESO DE FRONTEIRAS DE MERCOSUR

Pero a actividade do Eixo non se para aquí. A estratexia de internacionalización do organismo busca prestar apoio en Asia ademais de en América Latina, “para impulsar a trasferencia de coñecemento e de boa práctica de cidades europeas e dos expertos galegos e portugueses que participan no proxecto”.


A axenda do Eixo para esta semana contempla reunións con Mercociudades e ministros uruguaios, ademais de con a Axencia de Cooperación Exterior de Brasil, para profundar no proxecto e a posibilidade de replicarlo noutros puntos do país. Antes, os encontros previos do Eixo trataron sobre a celebración do Primeiro Congreso de Fronteiras de Mercosur, “evento no que se espera contar coa participación dos presidentes de Brasil e de Uruguai, a presidenta e a vicepresidenta do Eixo Atlántico e de altos dirixentes da Comisión Europea”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE