É necesario un POIR (Políticos Internos Residentes)?

Xosé María Dios Diz
Médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.

“Si non che gusta como son as cousas cámbiaas”
Jim Rohn: empresario, autor e orador

motivacional estadounidense: 1930-2009).


O 29/01/2022, celebrouse o exame MIR (Médicos Internos Residentes). Presentáronse 13.060 licenciados en Medicina e Cirurxía e había prazas para 8.188, das cales, de Medicina Familiar e Comunitaria eran 2.336. Quedaron moitos médicos e médicas sen praza. Por que  di Feijóo que non temos  médicos? Nesta convocatoria (que é anual e estatal), terían a posibilidade de ocupar moitas máis prazas, que fan moita falta, para evitar a masificación das consultas de AP e así, poder desconxestionar os Centros de Saúde ao “bordo do colapso” (en palabras do ínclito conselleiro de sanidade). Por que non o fan? Que interese teñen en manter unha AP deteriorándose día a día e favorecendo o beneficio da sanidade privada? Por que non temos máis Unidades Docentes en Galicia, para poder aspirar a máis prazas?


A resposta pode estar en a pouca ou nula preparación das persoas que teñen que administrar as políticas sanitarias. Por isto, pregúntome se non fará falta o  POIR: un exame despois dunha preparación previa (de 5 anos é a dos médicos, despois de 6 anos de carrear) para poder exercer na política e saber administrar os recursos, priorizando a xestión en grao sumo importante que temos: a saúde.


Galicia ten un orzamento de 11.000 millóns de euros anuais, que cos 12 anos de goberno de Feijoo fan un total de 132.000 (máis os extras que veñen do estado español e da Unión Europea) e, aínda así, a AP segue na corda frouxa.


Nos últimos días, estamos a asistir a un despropósito de medidas desde a Consellería de Sanidade, que pasan por contratar médicos xubilados, médicos sen a especialidade de médico especialista de AP (que require 5 anos de especialización), crean unha nova categoría profesional de médico que ten que facer tamén gardas (dous postos para unha soa persoa), seguir con salarios de miseria e sen estabilidade laboral, déficit de infraestruturas e material, etc. Todo isto, esta provocado por persoas que intuímos que están preparadas para a xestión, pero a realidade é ben diferente. Temos o Consello Técnico de AP en marcha desde hai 3 anos, con 15 Comisións Técnicas que traballaron arreo para elaborar o Novo Modelo de AP. E que fan? Medidas tomadas polo PP, en contra de todos e que non resolven nin o primeiro dos problemas da asistencia sanitaria. De verdade que é tan difícil facerlles caso aos expertos (208 persoas de diferente ideoloxía) para ter un modelo que satisfaga as necesidades dos administrades e dos traballadores? Non sería mellor que pasasen antes un exame (duro, como o MIR) para poder exercer correctamente nos asuntos prioritarios para os cidadáns e cidadás?.

            

Se os médicos, psicólogos, enfermeiros, químicos, biólogos, farmacéuticos, etc. temos que pasar polo tema das prácticas e do exame, por que a xente que nos obriga a facer todo isto, non pasa tamén un exame e unha especialización previa, para exercer como políticos e que as decisións que tomen estean baseadas na evidencia e non nos caprichos do “xefe” de quenda?

            

No tema de poñer a exercer a médicos sen especialización é como si poñen a operar a un recentemente licenciado. Non saberá, pois non fixo os anos de especialización. Pois o mesmo ocorre en AP, se non te especializaches, non podes exercer: é evidente! Querer resolver os múltiples problemas da AP con “parches” dá como resultado que as costuras se noten moito máis que se as solucións búscanse en especialistas de verdade, en xente que saiba por onde vai o Sistema Sanitario Público e como investir correctamente un diñeiro que é de todos.

            

Avogo por un POIR, para que a Sanidade Pública na Galicia, salga desta lameira no que nos meteu as políticas de desmantelamento do PP. Entre todos, debemos facer cambios importantes e apostar polas conclusións do Consello Técnico de AP que teñen desde novembro do 2020 nun caixón!


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE