A ministra de Facenda, María Jesús Montero @ep
As grandes potencias europeas: Alemaña, Francia e Italia, apostan pola baixada de impostos nas súas estratexias para evitar unha recaída económica nos seus países.
Nos primeiros días deste ano que acaba de empezar chega a “boa nova” de as subidas de impostos que vai aplicar o Goberno e que como se pode deducir van afectar aos petos da gran maioría de paganinis. A aplicación das alegres subidas non é para dentro duns meses e esperar que os petos se resarzan dos gastos do Nadal e Reyes: é desde este primeiro de mes para mellorar a costa de xaneiro e axudar ás rebaixas de inverno que tanto están a esperar os comerciantes. Todo un xesto de solidariedade en tempo de crise.
Mentres isto sucede na España do goberno bipartito, na Alemaña do tripartito formado por socialdemócratas, liberais e verdes, o chanceler Olaf Schulz, socialdemócrata el, anunciou que nesta lexislatura rebaixará os impostos aos cidadáns e ás pequenas e medianas empresas do seu país, por un montante de máis de 30.000 millóns de euros. É coma se o país xogase a lotería e caéselle o gordo sen gastarse un euro. Algúns cualifican a medida como a dun goberno responsable, de momento, que comprobou como a crise ocasionada polo covid fixo un buraco nas economías de todos, especialmente na dos medianos e pequenos empresarios, así como na clase media, traballadora e ata os ricos. Non é novo porque Merkel xa iniciou esa rebaixa no ano 2020 e que lle serviu para que o novo chanceler siga coa folla de roteiro marcado por ela.
As grandes potencias europeas: Alemaña, Francia e Italia, apostan pola baixada de impostos nas súas estratexias para evitar unha recaída económica nos seus países. Ata Grecia, país que sufriu durante anos a crise, baixou impostos importantes tanto ás empresas como aos traballadores. O mesmo ocorreu coa veciña Portugal, quen o seu primeiro ministro presentou un programa de estabilidade en Bruxelas que contempla a rebaixa da presión fiscal ata o 2025. Case todas as economías europeas optaron pola vía alemá de baixada de impostos. Se Grecia e Portugal son capaces de baixar impostos por que non se pode facer en España?.
Como España é diferente, aquí, para levar a contraria, aplicáronse as consecuentes subidas e seguiranse aplicando polo goberno bipartito grazas ás presións dos socios de Unidas Podemos, que cunha política populista está a levar ao PSOE por un camiño demasiado perigoso.
Produciranse cambios nas estratexias económicas do goberno de Pedro Sánchez? Pois parece que esa non é a liña, senón todo o contrario. Dicía Indira Gandhi que “hai que vixiar aos ministros que non poden facer nada sen diñeiro e a aqueles que queren facelo todo só con diñeiro”.
Escribe o teu comentario