A Coruña acolle o cruceiro máis grande das súas historia no peche da tempada de cruceiros
O 'Aida Nova' e os seus case 3.000 pasaxeiros realiza a primeira escala no porto da cidade herculina.
Con capacidade para 6.500 pasaxeiros e 183.000 toneladas de rexistro bruto, o buque conta con 19 plantas, catorce delas sobre o nivel do mar.
Foto: EP
O porto da Coruña recibiu a primeira escala do 'Aida Nova', o buque da compañía Aida Cruises e o máis grande dos que visitaron a instalación portuaria coruñesa, segundo informa a Autoridade Portuaria.
Con capacidade para 6.500 pasaxeiros e 183.000 toneladas de rexistro bruto, o buque conta con 19 plantas, catorce delas sobre o nivel do mar. A pesar das súas enormes dimensións e aforo, o 'Aida Nova' chegou ao peirao de Transatlánticos, procedente de Bélxica, con 2.900 pasaxeiros e case 2.000 tripulantes, co fin de cumprir as restricións da covid.
Antes de desembacar, os pasaxeiros realizaron un test de antígenos. Para este operativo utilizouse unha gran plataforma encostada á pasarela, debido á gran altura do barco.
Na recepción ofrecida, o presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, sinalou que desde setembro recuperouse o tráfico de cruceiros "a moi bo ritmo". No último cuadrimestre de 2021, cando foi posible renovalo, rexistráronse 32 escalas.
Escribe o teu comentario