Galicia está a perder o control da sexta onda con máis de 1.000 positivos ao día e máis de 10.000 casos


Hai que remontarse ao 7 de agosto para atopar máis de 1.000 diagnósticos nunha xornada e ao 23 de agosto para superar a barreira dos 10.000 casos activos revasada hoxe. En cuestión de días a incidencia semanal entrará en risco moi alto, o peor posible. A presión hospitalaria, que xa é importante en Vigo e Ourense, acabará subindo en toda Galicia. Máis restricións parecen inevitables, canto antes, mellor, para limitar a súa dureza.


|



Os 1.038 novos positivos por PCR comunicados hoxe confirman que Galicia está a perder o control da pandemia polo menos no que a contagios refírese.


A deceleración de diagnósticos das dúas xornadas anteriores era, como advertiu Galiciapress, un espellismo provocado polo efecto da ponte. As cifras de hoxe proveñen dun día laborable, o martes. Mañá posiblemente volverán baixar os contagios porque as cifras provirán dun festivo, o mércores, para volver a subir as que coñezamos o sábado, procedentes de hoxe. Estes vaivéns artificiais -dificilmente entendibles tras dous anos de covid-19- distorsionan as series estatísticas e, o que é máis importante, nublan a precisión dos epidemiólogos para  tomar decisións.


Hai que remontarse ao 7 de agosto para atopar máis de 1.000 diagnósticos nunha xornada e ao 23 de agosto para superar a barreira dos 10.000 casos activos pasada hoxe. En cuestión de días a incidencia semanal entrará en risco moi alto, o peor posible. A presión hospitalaria, que xa é importante en Vigo e Ourense, acabará subindo en toda Galicia. Máis restricións parecen inevitables, canto antes, mellor, para limitar a súa dureza.


A incidencia acumulada semanal  sobe de  207 a 218 . De acordo a o novo semáforo covid aprobado onte polo Ministerio, este índice está en nivel de risco alto. Agora ben, a partir de 250 casos por 100.000 habitantes empeza o risco moi algo. Se repetimos o +11 puntos de hoxe, entraremos en risco moi alto dentro de tres días, o domingo.

incidencia acumulada a 14 días tamén crece moito, 22 puntos, ata 342.  Continuamos en risco alto. Con avances como o +22 de hoxe, entaremos en risco moi alto, o peor na escala, deica pouco máis dunha semana, xusto nas vésperas de Nadal.


O dobre da incidencia a 7 días ( 436 ) é moito maior que a incidencia a 14 días (  342 ).Sabemos pois que na última semana houbo máis positivos que na penúltima. 


Cantos positivos máis? A razón de taxas é de 1,28 , por tanto na última semana houbo un  28% de positivos más que na penúltima. Este índice é unha especie de velocímetro semanal dos contagios. Estamos a acelerar, aínda que menos que en novembro. O problemas é que as velocidades das que partimos son maiores e maiores a cada día que pasa.


A taxa de positividade onte foi de o   11,6%, a peor nesta onda .  Isto contribúe a empeorar o índice que máis importa destes dous, a media semanal, que crece tres décimas ata 9,6%. Conservamos o risco medio neste indicador pero estamos a dous pasos como o de hoxe de superar o 10% e meternos en risco alto.



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe un 6,1%. Isto axuda a que a media semanal complete outro pasito na boa dirección, caendo   de 6,9% a 6,3 %.


Este índice indícanos o rumbo dos casos activos. Ao ser maior que cero, sabemos que cada día que pasa hai máis e máis casos. Con todo, ao tender á baixa, sabemos que cada día que pasa o incremento é un pouquiño menor. Un pouquiño menor en termos porcentuais, non absolutos. Como a cada día que pasa o volume total de casos activos é bastante maior -estamos a crecer a máis de 500 ao día- a leve freada da porcentaxe de crecemento non é suficiente para conseguir que se dobre a curva de casos activos. O leve da caída da derivada da curva de casos activos é  algo específico desta onda. Explicar porque en anteriores ondas había restricións significativas e cada vez maiores, que axudaron a que o pico se alcanzase antes e fose máis brusco.




En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de +581 . O total é de  casos activos é de 10.145 . 


DATOS POR ÁREAS

Vigo (398) e  Ourense (229) son outra vez os distritos que máis positivos comunican hoxe. Vigo bate todos os récords nunha área nesta sexta onda. A presión hospitalaria é xa importante en ambas as áreas, 79 hospitalizados -16 críticos- en Vigo e 69 hospitalizados -7 críticos- en Ourense.  


Son datos moi relevantes, pois o conselleiro dixo o luns que as restricións se impoñerían en función da presión hospitalaria. A ninguén lle debe sorprender se a Xunta endurece as levísimas restricións en Vigo e Ourense tras a reunión do venres. 



Máis datos a nivel municipal e de distrito de o SERGAS nuns minutos noutra noticia de Galiciapress.


CONCLUSIÓNS

Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:

  • Galicia non está a lograr controlar a sexta onda da pandemia. De feito, ten índices superiores á media estatal, algo moi inusual.
  • A tranquilidade derivada da pouca presión hospitalaria no conxunto do SERGAS é un espellismo. Se a Xunta non endurece as restricións, a sexta onda seguirá crecendo ata tensionar a capacidade dos hospitais, como xa sucede en Ourense e en menor medida en Vigo. Exemplos do que pode pasar aquí tras nadal témolos á vista agora en todo o norte de Europa.
  • A terceira dósis da vacina está a axudarnos a zafar por agora dunha crise hospitalaria importante. A incidencia é moito menor entre os maiores de 70 e 80, xa vacinados. O problema é que aínda faltan semanas, mesmo meses, para que o impacto da terceira dósis se trasalde aos maiores de 60, que se están vacinando agora.
  • Como de grave é a situación? Estimando que o índice de hospitalizados é bastante fiable, vemos que esta onda anda por encima dos 200 hospitalizados e a este índice queda no mellor dos casos aínda un mes de ascensos. Case seguro que superamos a cantidade de hospitalizados da quinta onda, que foi de 286. 
  • CxFBc positivos covid confirmados por pcr en galicia  (1)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE