Os clientes de Gadis doan máis de 200.000 euros a bancos de alimentos durante 'A Gran Recollida'
A campaña saldouse cunha achega total de 202.492 euros doados en 196 establecementos da cadea.
A campaña saldouse cunha achega total de 202.492 euros doados en 196 establecementos da cadea.
O diñeiro irá a once bancos de alimentos de Galicia e Castela e León cos que colabora Gadis de forma activa.
A Gran Recollida en Gadis | Foto: Gadis
'A gran recollida' concluíu este domingo 28 de decembro cun gran éxito no que a participación dos clientes de Gadis refírese. A cadea de supermercados vén de botar contas e en total os compradores dos 196 puntos nos que se celebrou a campaña achegaron 202.492 euros para axudar a bancos de alimentos de Galicia e Castela e León.
A campaña, impulsada por a Federación Española de Banco de Alimentos, foi unha mostra máis da solidariedade e xenerosidade dos clientes de Gadis. “O noso aplauso e agradecemento sincero por sumarse, non só a esta iniciativa, se non a todas as que emprendemos desde a empresa co obxectivo de contribuír a construír unha sociedade mellor entre todos. Sempre atenden dunha forma exemplar nosas chamadas solidarias”, agradecen desde a área de RSC da compañía, que tamén recoñece o labor dos voluntarios e o equipo humano que contribuíu na campaña.
Os bancos de alimentos de Rías Altas (A Coruña, Ferrol e Santiago), Lugo, Ourense, Vigo, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Salamanca, Valladolid e Zamora serán os que agora xestionarán este diñeiro para axudar a máis de 30.000 familias desfavorecidas nun momento no que a pandemia agudizou as necesidades de moitos fogares.
Escribe o teu comentario