Abanca busca despedir a 350 traballadores días despois de aprobar 56 millóns de diviendos para Escotet

Abanca e sindicatos mantiveron este mércores unha nova reunión para abordar o axuste de persoal por mor da integración de Bankoa e Novo Banco. En concreto, a medida afectará a uns 350 traballadores e a unha ducia de oficinas.

|

O Consello de Administración de Abanca  acordou abonar dividendos entre os seus accionistas por un importe de 66,67 millóns de euros nun pago o 2 de novembro. Deses millóns, 56 van para o banqueiro venozolano Juan Carlos Escotet, pois é o dono do 84,75% das accións. Pagos así lle permitiron ascender a quinto home máis rico de España.


O total do cobrado polo magnate en dividendos supera os 615 millóns desde 2015 e o benifico neto desde que se fixo con Novacaixagalicia -rescatada con diñeiro público- supera os 2.600 millóns.


A pesar destes números, Escotet segue recortando. Este verán pechou ducias de oficinas no rural e agora quere reducir cadro de persoal argumentando que sobran centos traballadores tras comprar Novobanco e Bankoa.


O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet



Abanca e sindicatos mantiveron este mércores unha nova reunión para abordar o axuste de persoal por mor da integración de Bankoa e Novo Banco. En concreto, a medida afectará a uns 350 traballadores e a unha ducia de oficinas.

Aínda no período informal de negociación, a empresa explicou esta xornada "as supostas causas" para acometer estas saídas de persoal, segundo informan fontes sindicais consultadas por Europa Press.

A xuízo dos sindicatos, Abanca parte dun "informe catastrofista sen fundamento", tendo en conta que os datos de Banco de España e da propia entidade financeira son "positivos" e hai beneficios e repartición de dividendos.

Coa vontade de acordar saídas "de mutuo acordo" por parte do banco, as fontes sindicais consultadas poñen o foco en que non existen "garantías" pero si "penalizacións fiscais ás indemnizacións" e esixen que calquera saída fágase mediante prexubilacións e sen "recortazo" do convenio.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE