Dúas toneladas de carne de polo gratis en Pontevedra para denunciar a subida nos custos de produción ​

A organización Unións Agrarias repartirá de forma gratuíta 2.000 quilos de pito en Pontevedra como protesta pola subida nos custos de produción da avicultura e os prezos de venda, que consideran "baixos".



|

O sindicato Unións Agrarias repartirá os 2.000 quilos de pito na cidade do Lérez o vindeiro martes na Praza de Ourense. 


Segundo estimacións do propio sector, deixáronse de ingresar 3'5 millóns de euros durante os meses de verán en máis de 600 explotacións galegas.


Pito

Pito | Foto: EP


A organización Unións Agrarias repartirá de forma gratuíta 2.000 quilos de pito en Pontevedra como protesta pola subida nos custos de produción da avicultura e os prezos de venda, que consideran "baixos".


A repartición celebrarase o martes 23 de novembro na Praza de Ourense, segundo indica este sábado nun comunicado o sindicato, que busca advertir sobre as perdas no sector avícola debido, entre outras cousas, á subida do prezo da luz que supón o 33% dos gastos de produción.

Segundo estimacións do propio sector, deixáronse de ingresar 3'5 millóns de euros durante os meses de verán en máis de 600 explotacións galegas, polo que Unións Agrarias insta á Xunta a buscar fórmulas que permitan compensar as perdas.


Ademais, os avicultores tamén sinalan que o prezo da carne de pito non se recuperou aínda da baixada no consumo da hostalería e o turismo. Tamén denuncian que deben facer fronte a unha serie de gastos fixos, como a enerxía e os seguros, que non se reduciron tras a pandemia.


A organización denuncia ademais outros problemas asociados coas empresas das que dependen os produtores, asociados a unha redución da entrada de crías por parte destas empresas de 35.000 a 30.000 por camada.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE