A sexta onda de covid en Galicia dispárase con cifras récord hoxe que nos devolverán a risco alto este mes


A velocidade da alza é de tal calibre que o principal indicador entrará en risco alto probablemente a próxima semana e case seguro este mes de novembro. Lembrar que a incidencia acumulada estaba en niveis de nova normalidade ata o 29 de outubro, fai só tres semanas.


|



Os 294 novos positivos por PCR comunicados hoxe implican un novo agravamento da crise do covid en Galicia, evidenciando que as restricións serán necesarias e, canto antes, mellor, pois menos duras terán que ser. 


Non só é o maior número de novos diagnósticos desta sexta onda, tamén batemos o récord desta fase no referido a novos casos activos, con case 230 máis. 



ElFN1  b incidencia acumulada a 7 d as en galicia b  (11)



A velocidade da alza é de tal calibre que o principal indicador entrará en risco alto probablemente a próxima semana e case seguro este mes de novembro. Lembrar que a incidencia acumulada estaba en niveis de nova normalidade ata o 29 de outubro, hai só tres semanas.




 

incidencia acumulada semanal dispárase máis de seis puntos nun só día, ata 46,9 , o maior salto en desde hai bastantes meses.  


Entramos máis en  risco medio, en laranxa na gráfica. De acordo a os criterios do semáforo oficial de alertas covid-19 aínda vixente -a administración modificaraos pronto-, entraremos en risco alto ao chegar a 75 casos por 100.000 galegos á semana. De repetirse saltos como o de hoxe, Galicia entrará en risco alto dentro de catro ou cinco días.





incidencia acumulada a 14 días tamén crece moitísimo, máis de sete puntos. Está xa en 66. De repetirse aumentos de tal calibre como o deste venres, dentro de sete días superaremos os 150. Entón perderemos o risco medio actual e subiremos a risco alto.

 

O dobre da incidencia a 7 días ( 93,8 ) é maior que a incidencia a 14 días ( 66,3 ) . Sabemos pois que na última semana houbo máis positivos que na penúltima. Cantos positivos máis? A razón de taxas é de 1,42% , por tanto un 42 % de positivos más desde o punto de vista semanal.


É unha velocidade de crecemento de positivos altísima. Ademais, o que é máis grave é que non dá sinais de frear. Ao contrario, acelera a niveis case de récord nesta onda.


A taxa de positividade onte foi de o  3,3% e axúdanos a mantervos  en nova normalidade porque a media semanal segue por baixo de 4%.  En concreto, no 3,1%. Con todo, este índice tamén empeora desde hai semanas. Hai que remontarse ao 18 de setembro para atopar unha media tan mala.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe un alarmante 12,9%. É o segundo peor porcentaxe nesta onda.


Con cifras así, a media semanal loxicamente empeora e empeora. Hoxe dá outro un paso na mala dirección e sobe ata o 10,3%. Este indicador, o mellor historicamente para estimar o rumbo da pandemia, está a dicirnos que non hai nin rastro por agora dunha melloría.






En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de +226, o maior desde o 27 de xullo. O total é de  1.975 casos activos.


DATOS POR ÁREAS

 Vigo (78) e  Ourense (90) son outra vez os distritos que máis diagnósticos comunican. Hai moitísimo tempo que ningunha área sumaba tantos casos activos como Ourense hoxe. 


A situación nos hospitais empeora, pero moi paulatinamentehasta o momento. O mínimo de pacientes en UCI este outono foi 9 e por agora a serie só creceu ata 12. Pontevedra segue sen ningún enfermo crítico.




 

Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos noutra noticia de Galiciapress.


CONCLUSIÓNS

Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:

  • Mañá, salvo milagre, superaremos os 2.000 casos activos. Hai só unha semana superamos os 1.000. Como o crecemento está a ser exponencial, é posible que tardemos menos dunha semana en alcanzar os 4.000.
  • As tendencia dos positivos e os casos activos é extremadamente alarmante. Con todo, a presión nos hospitais a penas creceu nin por agora tampouco hai maior ritmo de falecementos. Con todo, isto é unha ilusión. Aínda é pronto para que aumente a presión hospitalaria. Aumentará, a clave é saber canto. En teoría, moito menos que na terrible onda do inverno pasado e mesmo menos que na onda do verán, que o SERGAS navegou sen maiores problemas.
  • Noutro escenario, sen vacinas, sería suicida non impoñer xa restricións. As vacinas permítennos que a presión hospitalaria sexa moitísimo menor. O suficiente menor para evitar as restricións? Ese é o quid da cuestión. Se nos guiamos polo exemplo doutros estados e autonomías con altas cifras de vacinación, como Dinamarca ou o País Vasco, as restricións acabarán sendo necesarias. 
  • Canto antes haxa restricións, máis leves serán. Con todo, a Xunta estallo tomando con calma. Por agora, só anunciou que a semana próxima tentará pactar cos hostaleiros a volta do pasaporte covid. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE