Galicia pode perder o control da 6º onda de covid tras sumar máis de 200 casos activos nun só día

Os 248 novos positivos por PCR comunicados hoxe axudan a que a sexta onda non só creza, senón que acelere máis. Hai que remontarse ao 5 de setembro para atopar tantos diagnósticos diarios. Os casos activos dan un salto moi preocupante, con máis de 200 novos nun só día, un 13% de alza nunha xornada. Non crecían tanto desde finais de xullo, na cúspide da quinta onda.


|



Os 248 novos positivos por PCR comunicados hoxe axudan a que a sexta onda non só creza, senón que acelere máis. Hai que remontarse ao 5 de setembro para atopar tantos diagnósticos diarios.


Os casos activos dan un salto moi preocupante, con máis de 200 novos nun só día, un 13% de alza nunha xornada. Non crecían tanto desde finais de xullo, na cúspide da quinta onda.


UzQKc porcentaxe de cambio diario de casos activos de coronavirus en galicia  (4)




Esta sexta onda empeza a provocar un repunte significativo dos falecementos. A pesar de que todos os indicadores mostran que existe o risco que se descontrole, como sucedeu en gran parte de Europa, a Xunta segue sendo remisa a implantar restricións significativas.




incidencia acumulada semanal  crece case 5 puntos e sobe ata 40,6 positivos por cada 100.000 habitantes. Seguimos penetrándonos no risco medio e, repetindo saltos como o de hoxe, tardaremos só sete días en entrar en risco alto, segundo os criterios do semáforo oficial de alertas covid-19 vixente. Criterios que a Administración pensa cambiar pronto, no sentido de subir as fronteiras entre niveis. É de esperar pois que a consecuencia sería unha baixada do nivel de alerta.





incidencia acumulada a 14 días tamén crece cun salto enorme, de sete puntos, ata 59 positivos por 100.000 habitantes. Este indicador mantense en risco medio, pero con saltos como o de hoxe entraremos en risco alto en menos de dúas semanas, xusto antes do principio da campaña do Nadal.


O dobre da incidencia a 7 días (81,2 ) é bastante maior que a incidencia a 14 días (59) . Sabemos pois que na última semana houbo máis positivos que na penúltima. Cantos positivos máis? A razón de taxas é de  1,38%, por tanto un 38 % de positivos máis desde un punto de vista semanal.




É unha velocidade de crecemento moi elevada. Ademais a súa evolución non mostra indicios de frear. Levamos unha semana a un ritmo case constante, con oscilacións mínimas, entre crecementos do 35% e do 40%. 






A taxa de positividade onte foi de o  3,06%. Non encadeabamos dous días por encima do 3% desde setembro. O normal é que a media semanal, o índice máis relevante dos dous, creza en consecuencia. Faio ata 2,8%, que segue sendo unha porcentaxe extraordinariamente boa pois estamos  en nova normalidade porque a media semanal segue por baixo de 4%. Iso si, a tendencia é claramente á alza, pois arrincamos a semana por baixo do 2%. En todo caso, segue habendo abundancia de probas.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe un terrorífico 13,5% nun só día. En termos relativos, os casos activos non subiran tanto nun día desde o 13 de xullo.





Loxicamente, a consecuencia é que a media semanal, indicador máis fiable que os cambios diarios, dá un paso na mala dirección e sobe de  case un punto ata 9,8%. A curva que debuxa esta variable, a máis fiable historicamente para ver o rumbo da pandemia, mostra que por agora non hai indicios de calma. 


En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de +209  . O total é de  casos activos é 1.749.  Están a triplicarse cada dúas semanas, aproximadamente. A este ritmo chegaremos a mediados de decembro cuns 5.500 casos activos en Galicia e uns 16.000 para Nadal.


DATOS POR ÁREAS

Vigo (54), A Coruña (38) e  Ourense (56) son os distritos que máis positivos comunican hoxe.  Ourense é a área con peor situación, con máis de 400 casos activos.





Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos noutra noticia de Galiciapress.


CONCLUSIÓNS

Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:

  • Non hai ningún indicio de que a sexta onda de covid-19 en Galicia vaia a remitir pronto. 
  • A velocidade de crecemento da onda é moi elevada, en torno ao 35% - 40% semanal no que a positivos refírese. A única boa noticia é que esa velocidade mantense, non se dispara máis e máis. 
  • O empeoramento é xeneralizado en todo o país, aínda que as áreas de Ourense e Vigo son as que máis están a sufrir agora mesmo.
  • Sen impoñer restricións, é difícil ver como esta onda pódese controlar por se mesma. Noutros países con taxas de vacinación similares ás galegas, Dinamarca por exemplo, han reimpuesto algunhas restricións.
  • A terceira dósis demostrou ser moi efectiva nas residencias. O venres empezan a vacinarse todos os maiores de 70. Con todo, estas vacinacións non se deixarán ver nas estatísticas de contaxio con sorte ata dentro dun mes aproximadamente.
  • A situación agora mesmo non é grave. O SERGAS ten moita marxe de manobra. Con todo, canto máis tarde a Xunta en reimponer restricións, máis duras será as que teña que reimponer e máis próximas á campaña de Nadal, vital para comercios e hostaleiros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE