Covid nas escolas: crecen os casos activos un 43% nunha semana ata os 149 afectados

Séguenlle A Coruña, que pasa de 28 casos activos a 44 (16 máis) e cinco aulas pechadas (tres máis), e Vigo, que anota 26 casos activos (catorce máis) cunha aula pechada. O brote de Ferrol iguala á área con Lugo, ambas as con 15 casos activos, pero coa diferenza de que na área ferrolá creceu en sete casos polos catro nunha semana da área lucense.


|

Os últimos datos da Xunta de Galicia sobre a situación do coronavirus nos centros esoclares galegos rebelan un brote nun colexio de Ferrol, con once afectados e unha aula pechada.


Mentres, o brote declarado a semana pasada nun colexio de Oleiros non deixa de crecer: pasa nunha semana de sete casos activos e unha aula pechada a trece afectados e dúas aulas clausuradas.


Escola máscara

As escolas galegas sofren un aumento de casos de Covid-19 | Foto: EP


A última actualización da Xunta sobre as cifras do coronavirus nos centros educativos de Galicia -o Goberno galego actualiza puntualmente as cifras cada mércores, a diferenza da actualización diaria e centro a centro que realizaba o ano pasado- reflicte un aumento de 63 casos máis en sete días, pasando de 86 casos activos o pasado mércores aos 149 de hoxe. Tamén soben as aulas pechadas con dúas máis, ata un total de 16.


Así, esta subida tradúcese nun aumento de casos do 43% en só unha semana. Son, á súa vez, o 17,6% dos casos activos totais na comunidade. Neste sentido, destacan o brote no CEIP Plurilingüe Ponzos de Ferrol que deu a coñecer o SERGAS esta mañá. No centro da cidade departamental hai once escolares afectados e unha aula pechada.  


De igual maneira, sobresae tamén a alza de casos que rexistra o CEIP Ramón María del Valle-Inclán de Oleiros, onde a semana pasada declarouse un brote con sete alumnos afectados e unha aula pechada. Agora o brote é dunha magnitude maior, con trece afectados e dúas aulas pechadas.


SUBIDA XENERALIZADA

Todas as áreas sanitarias rexistran subidas: Ourense é a que máis crece, con 18 casos máis nunha semana ata alcanzar a trintena e cinco aulas pechadas (unha máis). Séguenlle A Coruña, que pasa de 28 casos activos a 44 (16 máis) e cinco aulas pechadas (tres máis), e Vigo, que anota 26 casos activos (catorce máis) cunha aula pechada. 


O brote de Ferrol iguala á área con Lugo, ambas as con 15 casos activos, pero coa diferenza de que na área ferrolá creceu en sete casos polos catro nunha semana da área lucense. En aulas pechadas, en cambio, melloran as dúas áreas: Ferrol pasa de dous a unha; Lugo de tres a unha. 


Pontevedra e Santiago de Compostela son as áreas con mellores cifras con só once e oito casos activos, respectivamente. Con todo, mentres que a área pontevedresa ten todas as súas aulas funcionando a pleno rendemento, na da capital hai tres clases pechadas (unha máis).


CIFRAS POR ÁREAS: 





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE