A subida da covid acelera e Galicia vai camiño de subir a risco medio en novembro


Os 76 novos positivos por PCR comunicados hoxe implican un considerable acelerón da escalada de casos covid que sofre Galicia desde finais de outubro. O anterior martes foron só 27.  


|



Os 76 novos positivos por PCR comunicados hoxe implican un considerable  acelerón da escalada de casos covid que sofre Galicia desde finais de outubro. O anterior martes foron 27. 


Os casos activos dan o seu segundo maior salto desde que empezou esta fase de empeoramento. Só a taxa de positividade mantense en niveis excelentes, confirmando que a Xunta está a realizar test máis que suficientes.





incidencia acumulada semanal crece de 15,6 a 17,1 . Hai que remontarse case dous meses, ao 15 de setembro para atopar un valor tan alto. Fai cinco días que perdemos a nova normalidade e seguimos penetrándonos en risco baixo. De feito, xa case estamos máis preto do risco medio que de volver á nova normalidade.






incidencia acumulada a 14 días tamén crece, de 25 ,5 a 27,3 positivos por cada 100.000 galegos.  É máis do dobre da que tivemos a mediados de outubro. Este índice tamén está en risco baixo, segundo os criterios do semáforo oficial de niveis de alertas covid para este indicador.  


O dobre da incidencia a 7 días (30,2) é maior que a incidencia a 14 días (27,3). Sabemos pois que na última semana houbo máis positivos que na penúltima. Cantos positivos máis? A razón de taxas é de  1,26, por tanto un 26 % de positivos más. Un incremento do 26% de positivos semanalesimplica un empeoramento desta fase expansiva, na que nunca sufriramos incrementos semanais superiores ao 23%.


A taxa de positividade onte foi de o  1,6% e axúdanos a mantervos  en nova normalidade porque a media semanal segue por baixo de 4%. Segue estable en torno ao 1,8, un valor excepcionalmente bo. O problema de Galicia non é a falta de test.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe un 7,1%, o segundo maior salto na actual crise. Empuxado por este resultado, a media semanal dá outro paso na mala dirección e sobe de 5,5% a 6%. 


A evolución da media móbil a 7 días da derivada de casos activos sempre foi o mellor índice para estimar o rumbo da pandemia. Desgraciadamente, a información que nos achega non é boa. Non só estamos a empeorar, a velocidade da alza acelera de forma notable nos últimos días.




 

En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de +53 . O total é de  798 casos activos.


DATOS POR ÁREAS

 Ourense (16) e  Vigo (17) son os distritos que máis positivos comunican hoxe. Moi malas noticias para Ourense, que onte lograra frear o seu ascenso. Por vez primeira en varias semanas chegamos aos 10 enfermos ingresados en UCI e temos unha área, A Coruña, con 200 casos activos. 




Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos noutra noticia de Galiciapress.


CONCLUSIÓNS

Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:

  • A pandemia crece e acelera. Perdemos a nova normalidade nos dous indicadores que miden contagios e é moi probable que en novembro nos metamos outra vez en risco medio.
  • A subida que estamos a experimentar non é tan explosiva como o inicio das ondas do pasado pero non é anecdótica. Por exemplo, Ferrol chegou a ter só cinco casos activos e agora ten 80. Debemos falar de sexta onda nestas circunstancias? É algo, polo menos, debatible.
  • A incidencia segue sendo maior entre os nenos menores de 12, non vacinados. Máis de dúas veces máis que entre a poboación en xeral. Afortunadamente son os que menos consecuencias padecen. Isto contribúe e contribuirá a que a presión sobre o sistema sanitario creza moito máis amodo que en anteriores crises.  

    ElFN1  b incidencia acumulada a 7 d as en galicia b  (8)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE