Covid municipios: explosión de positivos en Oleiros e tendencia á alza en todas as urbes salvo Santiago e Vigo

No mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios reflicte que o empeoramento de Galicia está a deixarse notar sobre todo o as áreas metropolitanas da Coruña, Ferrol e Ourense, ademais dalgúns municipios do rural onde uns poucos casos bastan para disparar os niveis, como Frades, Muíños, Xunqueira de Ambía ou Allariz. 



|



No mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios reflicte que o empeoramento de Galicia está a deixarse notar sobre todo o as áreas metropolitanas da Coruña, Ferrol e Ourense, ademais dalgúns municipios do rural onde uns poucos casos bastan para disparar os niveis, como Frades, Muíños, Xunqueira de Ambía ou Allariz. 


Vigo e Santiago son as únicas cidades de Galicia que aguantan en nova normalidade e onde os positivos non están a crecer desde un punto de vista semanal.


O  concello cunha evolución máis preocupante nos últimos días é Oleiros. Empezou a semana cun cómputo de posetivos en sete días menor que 10 e termínaa con 39.





Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos, pois é onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque as urbes empezan tamén a contar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, polo que as cores do mapa se corresponde ao nivel actual  de alerta en semáforo covid para a incidencia acumulada en todos os concellos. 


VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 1,21 ; o que quere dicir que en ,21a última semana houbo un   21% máis de positivos que na penúltima


Non hai municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos  baixen desde un punto de vista semanal,  con razón de taxas inferior a 1.


Municipio con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están estancados desde un punto de vista semanal,  con razón de taxas xusto igua a 1.


  • Vigo 1,00 



Municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están subindo desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1: 


  • Ferrol 1,07
  • Coruña (A) 1,13
  • Ourense 1,13
  • Vilagarcia 1,18
  • Lugo 1,48
  • Pontevedra 1,65
  • Oleiros 1,69



VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe respecto a ese total onte: 




  • Lugo +1
  • Ourense +1
  • Coruña (A) +2
  • Pontevedra +2
  • Oleiros +8 




Non hat concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana baixe hoxe respecto a ese total onte.


TODOS Os MUNICIPIOS

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

A nivel galego a tendencia de casos activos segue sendo á alza  e a nivel galego só a área sanitaria de Santiago e en menor medida Lugo aguantan cunhas curvas máis ou menos planas, ou sen moita pendente á alza.  A outra cara da moeda é para Ourense e A Coruña, quen os últimos días empeza a sufrir un crecemento preocupante. 



As infeccións activas ascenden en catro das sete áreas sanitarias, coa da Coruña e Cee á cabeza (+15), seguida da de Ourense (+12), Ferrol (+7) e Pontevedra e O Salnés (+2). Descenden, con todo, en Santiago e Barbanza (-7) e en Vigo (-2). Lugo mantense sen cambios.

Por tanto, a área da Coruña e Cee colócase á cabeza con 196 casos activos; seguida de Ourense con con 183; Vigo, con 91; Santiago e Barbanza, con 67; Pontevedra e O Salnés, con 63; e a cola mantéñense Ferrol, con 66; e Lugo, con 53. 


POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA


Pola súa banda, os novos contagios de Covid-19 descenden ata os 73, doce menos que os rexistrados na última xornada (85), que supoñen un máis que os 84 do venres, tras os 77 do xoves, situarse en 37 o mércores, en 27 o martes e iniciar esta semana con 33.

 



Segundo os datos actualizados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste sábado, soben a oito as persoas ingresadas en UCI pola covid --unha máis--, así como as hospitalizadas noutras unidades, 31 --catro máis--.

Por áreas sanitarias a presión hospitalaria increméntase en case todas. Na da Coruña e Cee, onde soben os pacientes en planta a 11 --tres máis--, pero conta cun hospitalizado en críticos --un menos--; en Ferrol, que ten agora dous hospitalizados en críticos --dous máis-- e a catro pacientes en planta --uno máis--; en Vigo, que rexistra dous ingresados en UCI e outros dous en planta --uno máis en cada caso--; e na de Lugo, cun paciente en UCI --sen cambios-- e dous en planta --uno máis--.

Por contra, baixan os hospitalizados na área de Ourense, que segue cun paciente covid en UCI e conta con oito noutras unidades --uno menos--. Á súa vez, mantéñense sen cambios as áreas de Santiago e Barbanza, cun hospitalizado en UCI e catro noutras unidades --sen cambios-- e a de Pontevedra, que segue sendo a única zona galega sen hospitalizados por covid-19. 

ClElv incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia  (2)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE