Covid por concellos: a Covid-19 reaparece en Nigrán, Viana, O Barco, Teo e A Pobra nun día sen grandes cambios

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra como a cor da nova normalidade -azul no mapa- foi perdendo peso nas últimas semanas, mentres cada vez máis municipios instálanse nos niveis de risco baixo ou mesmo medio.


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra como a cor da nova normalidade -azul no mapa- foi perdendo peso nas últimas semanas, mentres cada vez máis municipios instálanse nos niveis de risco baixo ou mesmo medio.


Esta xornada apenas se aprecian grandes cambios, máis aló das variacións á alza de Ourense e A Coruña ou da recuperación progresiva de Barbadás, afectada por un brote nunha residencia.


Hoxe, Nigrán, Viana do Bolo, O Barco de Valdeorras, Teo e A Pobra do Caramiñal pasan de reportar 0 casos a ter "entre 1 e 9" segundo os datos da Xunta. O Rosal, Bueu, Baralla, Burela, O Saviñao, Castroverde e Zas fan o camiño contrario: están con 0 casos activos.



Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos, pois é onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque as urbes empezan tamén a contar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, polo que as cores do mapa se corresponde ao nivel actual  de alerta en semáforo covid para a incidencia acumulada en todos os concellos. 


VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 1,21; o que quere dicir que na última semana houbo un 21% máis de positivos que na penúltima. 


Hoxe non se rexistran municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior a 1. Con todo, si hai municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están subindo desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1: 



  • O Carballiño 2
  • Ourense 1,61
  • Ferrol 1,58
  • A Coruña 1,28
  • Vigo 1,10
  • Barbadás 1,09


VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe respecto a ese total onte: 



  • Ourense +3
  • A Coruña +2



Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte: 



  • Barbadás -2
  • Vigo -1



TODOS Os MUNICIPIOS

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

En canto aos casos activos de Covid, despois de romper a tendencia alcista da última semana cos datos do domingo, este luns volve incrementarse o total lixeiramente ao aumentar ata os 524, doce máis que 24 horas antes.

Así, as infeccións activas aumentan en todas as áreas salvo en Lugo, onde baixan nun; e en Pontevedra, que descenden en dous. O resto presentan incrementos: Ourense (+5), Vigo (+4), Ferrol (+3), A Coruña (+2), Santiago e Barbanza (+1).

Deste xeito, a área da Coruña e Cee mantense como a que máis casos suma, con 144; seguida da de Ourense, con 111; a de Vigo, con 79; Pontevedra e O Salnés, con 59; Santiago e Barbanza, con 53; Ferrol, con 40; e Lugo, con 38. 



POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA

Galicia despediu o décimo mes do ano con 33 novos contagios de covid-19, tres menos que a xornada anterior e en niveis similares aos mantidos ao longo da última semana. Isto nun domingo no que se produciu un lixeiro repunte nos casos activos, ata os 524, e no número de hospitalizados, que sobe a 30, aínda que se mantén en cinco o total de pacientes en UCI.

Así se desprende do último balance ofrecido pola Consellería de Sanidade, publicado na mañá deste luns 1 de novembro con datos solicitados ata as 18,00 horas do domingo. Nese momento, o número de novos contagios detectados durante as últimas 24 horas ascendía a 36 nunha xornada coa positividade nas probas practicadas no 1,9%, dúas décimas superior ao día anterior.

A situación nos hospitais reflicte certa estabilidade, aínda que se dá un incremento no total de pacientes covid hospitalizados, que se eleva a 30, dous máis que o sábado. Isto débese ao número de ingresados en unidades convencionais, que sobe en 2, mentres que nas UCI sigue habendo cinco pacientes covid.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe na Coruña e en Ourense. Na primeira aumenta nun, ata os sete, os pacientes en unidades convencionais e segue nun a cifra de ingresados en UCI; mentres que na ourensá, sen críticos, aumenta ata os sete tamén (máis dous nas últimas horas).

Por contra, descenden os ingresados en Lugo, que suma un hospitalizados en unidades convencionais e outro en críticos. No resto de distritos sanitarios non se producen novidades: Vigo (cinco en planta, un en UCI); Santiago-Barbanza (tres en planta, un en UCI); Pontevedra (un en planta, cero en UCI) e Ferrol (un en planta, un en UCI). 

ClElv incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia  (1)


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE