A Xunta insiste en que a pandemia "non pasou" unha semana despois de retirar o estado de emerxencia
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, asegurou este sábado que os tres casos detectados en Galicia do variante Delta Plus do coronavirus SARS-CoV-2 supoñen unha "evidencia máis" de que a pandemia "non pasou".
A pesar de que os indicadores aventuraban un cambio de tendencia, a Xunta decidiu eliminar o estado de emerxencia sanitaria a semana pasada, o que suprimiu algunhas restricións.
Agora, despois de constatar ata tres asos do variante Delta Plus na comunidade, o vicepresidente Alfonso Rueda lembra que a pandemia "non pasou".
Alfonso Rueda | Foto: EP
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, asegurou este sábado que os tres casos detectados en Galicia do variante Delta Plus do coronavirus SARS-CoV-2 supoñen unha "evidencia máis" de que a pandemia "non pasou".
Rueda, que percorre unha etapa do Camiño do Norte, expresouse así sobre os tres casos detectados este venres en Oleiros, A Coruña, concretamente en dous cidadáns que viaxaron a Bélxica e un a Italia.
Avanzábao este venres o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno.
A Delta Plus é unha variante "que ten entre un 12 e un 15 por cento máis de capacidade contaxiosa", polo que, tal e como advertiu Feijóo, aínda se "descoñece a resposta ás vacinas" administradas ata o de agora. "É a variante que máis preocupa nestes momentos", recoñeceu.
O vicepresidente, pola súa banda, pediu "seguir vixiantes, ter coidado e cumprir coas medidas mínimas sanitarias coñecidas por todos".
"Non estamos libres de contagios, polo que debemos continuar coa vacinación e coas normas sanitarias. Recuperamos moitas cousas que tiñamos moitas ganas de recuperar, como os aforos, pero non se pode baixar a garda", reiterou Alfonso Rueda.
Escribe o teu comentario