Éxito do Festival Intersección, que termina este domingo na Coruña

Esta mañá, durante a súa inauguración, Lara e Noa Castro, programadoras do festival, destacaban a aposta realizada pola ampliación de espazos expositivos: “programamos en diferentes localizacións da cidade e apostamos por novas formatos de mostra: cinema de cúpula no Planetario, performance audiovisual no Teatro Colón e proxeccións e exposicións de vídeo, imágen e obxectos na Fundación Seoane”.


|

O Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo chega ao ecuador da súa IV edición na cidade da Coruña. 


Desde a inauguración do evento, o pasado venres, pasaron máis de medio milleiro de persoas polas actividades programadas, conseguindo esgotar as entradas en varias das sesións.


INTERSECCIu00d3N



Desde hoxe e ata este domingo, Intersección fará da Fundación Luís Seoane a súa sede. Por ela pasarán máis de 80 artistas e profesionais do sector artístico e cultural ofrecendo aos asistentes un punto de encontro, descubrimento e conversación. Durante estes días, o festival acollerá proxeccións, exposicións, performances e sesións de maridaxe de gastronomía e arte. A programación complétase con actividades de formación e de diálogo cos diversos públicos, entre os que se atopan investigadoras, galeristas, comisarias ou xornalistas.


A Fundación Luís Seoane acollerá exposicións nas que se convidará aos asistentes para experimentar e reflexionar, da man das artistas, ao redor do urbano, a cidade e a arquitectura. Esta mañá, durante a súa inauguración, Lara e Noa Castro, programadoras do festival, destacaban a aposta realizada pola ampliación de espazos expositivos: “programamos en diferentes localizacións da cidade e apostamos por novas formatos de mostra: cinema de cúpula no Planetario, performance audiovisual no Teatro Colón e proxeccións e exposicións de vídeo, imágen e obxectos na Fundación Seoane”. Engadían que “por primeira vez contamos cun fío narrativo que atravesa todo o festival, atopando diferentes formas de entender como os trazados xeran tránsitos e viceversa, como é algo que se fai e desfai. Entender a cidade como ese espazo de construción e reconstrución”.


Este ano, o festival conta coa destacable presenza de Antoni Muntadas,  referente internacional da videocreación, que expuxo en museos, bienais e eventos tan importantes como o MoMA de Nova York, o Raíña Sofía, a Bienal de Venecia ou a Documenta de Kassel. Este sábado, Muntadas impartirá unha masterclass. No evento  está a haber outros focos de artistas e cineastas nacionais e internacionais, como Sophio Medoidze, Félix Fernández ou Aitor Gametxo. O Festival tamén aposta por apoiar a creación contemporánea de España e Galicia exhibindo obras de máis de 20 artistas galegas e colaborando con tres galerías da Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE