Galicia perderá a nova normalidade mañá ou pasado no principal índice da covid, salvo sorpresa



Aínda que o crecemento está a ser relativamente lento, xa durou o suficiente para empuxarnos ao límite entre a nova normalidade e o risco baixo, no que a positivos semanais refírese, que é ata hoxe a principal referencia para avaliar a pandemia. 



|



Os 56 novos positivos por PCR comunicados hoxe é a segunda peor cifra en mes e medio. Confírmase así a fase expansiva que soporta Galicia desde hai unha semana. 


Aínda que o crecemento está a ser relativamente lento, xa durou o suficiente para empuxarnos ao límite entre a nova normalidade e o risco baixo, no que a positivos semanais refírese, que é ata hoxe a principal referencia para avaliar a pandemia.


Os casos activos continúan a súa escalada e son xa seis as xornadas de ascenso consecutivo. Os datos máis preocupantes proveñen hoxe de Ourense.






A incidencia acumulada semanal crece de 8,5 a 9,4 diagnósticos por 100.000 galegos. Seguimos en nova normalidade segundo a escala deste indicador no semáforo oficial de alertas, pero polos pelos. A partir de 10 pasamos empeoramos a risco baixo. Como mañá sairá do cálculo deste índice os datos de fai sete días, cando só 25 positivos, sería unha enorme sorpresa que este índice non sueprase os 10 mañá ou pasado. 




A incidencia acumulada a 14 días ascende de 15 a 15,7. É o sétimo día seguido que crece este indicador, moi pouco proclive a cambios de rumbo. Tamén seguimos en nova normalidade neste índice e aínda mantemos bastante marxe pois habería que subir a 25 para perdela.


O dobre da incidencia semanal (18,8) é maior que a incidencia bisemanal (15,7). A razón de taxas resultante é de 1,2. Isto indícanos que na última semana houbo un 20% máis de positivos que na penúltima. Non sufriamos un valor tan malo desde o 22 de xullo.


A taxa de positividade onte foi do 1,2% e axúdanos a mantervos en nova normalidade porque a media semanal segue por baixo de 4%. Iso si, este baremo tamén empeora. Pasa de 1,5% a 2,3%.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe un +5,8 %. Un mal dato que empuxa cara arriba ao índice máis relevante, a media móbil a sete días, que completa outro paso na mala dirección e sobe de +1,8%  % a +2,8%. Levamos catro días xa crecendo por encima de 0 e o salto de hoxe é o peor rexistrado nesta fase expansiva.





En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un aescenso de +28 . O total é de 505 casos activos, a peor desde o 10 de outubro.


DATOS POR ÁREAS

Ourense (20) e Vigo (9) son os distritos que máis positivos comunican hoxe. A cifra de Ourense é moi alarmante. Hai bastantes semanas que ningún distrito chega a 20 diagnósticos nun día. 





A alza de casos é aínda moi recente para que se note nos hospitais. Quedan só tres persoas en UCI, unha en Ferrol, outra en Vigo e outra en Santiago.  Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos en Galiciapress.


CONCLUSIÓNS

Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:


  • A pandemia aínda está en niveis bos, en Galicia pero a súa traxectoria é preocupante.
  • Mañá ou pasado veremos como o indicador máis importante, a incidencia semanal, perde o nivel de nova normalidade. A taxa de positividade semanal, pola contra, aguantará en nova normalidade máis tempo, pois non está a crecer rápido. Esta relativa calma da taxa de positividade é algo inédito, non sucedeu no espertar de pasadas ondas e dá esperanzas de que a alza actual sexa moito menos virulenta que as anteriores. 
  • Os que indicaban que os repuntes de semana pasada eran puntuais e que era descartable alzas relevantes non acertaron. Non estamos ante unha alza pasaxeira, anecdótica, produto dun foco en tal ou cal residencia. Estamos ante unha subida xeneralizada en todas as áreas. Por poñer un exemplo, Ferrol chegou a ter só 5 casos activos. Agora soporta máis de 30.
  • Que impacto terá nos hospitais esta alza de positivos? En teoría, moito menos que en todas as ondas anteriores. Que impacto terá nas cifras de falecementos? En teoría, moito menos que as anteriores. Se este impacto limitado confírmase, debemos reimponer restricións aínda que suban os positivos de maneira considerable? Este é o debate que se debe abrir agora.  O que é inxenuo é esperar que este ascenso acóuguese pronto. Non o fará, sen imporner máis restricións, pois hai semanas que tocamos na práctica o teito de vacinación. 





ElFN1  b incidencia acumulada a 7 d as en galicia b



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE