Un accidente laboral acaba coa vida dun operario dunha canteira en Tui atrapado entre dúas rocas

Un operario perdeu a vida na tarde deste xoves ao quedar atrapado entre dúas rocas nunha canteira de Tui (Pontevedra).

|

O home, de 39 anos e natural do Porriño segundo algunhas informacións, quedou atrapado entre as dúas rocas de grandes dimensións na cantrta de Mourentán, na parroquia de Ribadelouro.


Ata o lugar desprazáronse os servizos de emerxencia, que non puideron facer nada por salvar a vida do home.


Arquivo - Ambulancia do 061

Unha ambulancia | Foto: EP


Un operario perdeu a vida na tarde deste xoves ao quedar atrapado entre dúas rocas nunha canteira de Tui (Pontevedra).


Os feitos ocorreron pasadas as 17,00 horas, cando un particular chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda para un compañeiro que estaba entre dúas pedras, nunha canteira do lugar de Mourentán, na parroquia de Ribadelouro.


Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) alertouse aos Bombeiros do Porriño, aos servizos sanitarios, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos membros de Protección Civil do concello.


Unha vez no lugar, os servizos de emerxencias tan só puideron confirmar o falecemento do traballador, polo que nada se puido facer para salvarlle a vida.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE