A covid segue crecendo pero esta alza está a ser diferente que o espertar de ondas pasadas


Os casos activos crecen por quinta xornada consecutiva e as incidencias acumuladas encadean seis días á alza. A boa noticia é que a taxa de positividade segue moi contida, algo que non sucedeu cando impactaron as ondas previas.


|



Os 38 novos positivos por PCR comunicados hoxe son moitos menos que os 60 de onte pero confirman a tendencia claramente á alza que Galicia soporta hai varios días, especialmente en Ourense. 


Os casos activos crecen por quinta xornada consecutiva e as incidencias acumuladas encadean seis días á alza. A boa noticia é que a taxa de positividade segue moi contida, algo que non sucedeu cando impactaron as ondas previas.






A incidencia acumulada semanal aumenta de 8,2 a 8,5 casos por 100.000 habitantes á semana. Seguimos en nova normalidade segundo a escala deste indicador no semáforo oficial de alertas. Con todo, a marxe para perdela é cada vez menor, agora só 1,5 puntos. 





A incidencia acumulada a 14 días ascende de 14,3 a 15. seguimos en nova normalidade neste índice, pese ao ascenso lento pero constante da última semana.


A razón de taxas resultante de dividir o dobre de de a incidencia semanal entre a incidencia bisemanal é de 1,13. Isto indícanos que na última semana houbo un 13% máis de contagios que na penúltima. O ritmo de crecemento é similar ao de onte e un dos máis elevados desde xullo.


A taxa de positividade onte foi de o  1,13% e axúdanos a mantervos  en nova normalidade porque a media semanal segue por baixo de 4%. De feito, a media semanal encadea dous días seguidos á baixa, o que é un dato moi esperanzador, e está nun excelente 1,5%.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un ascenso de +1,9 %. A media semanal, o indicador máis relevante para estimar que rumbo está a tomar a pandemia,   sobe de  +1,1% a +1,9 %.






En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de +8. O total é de 4815 casos activos. 


DATOS POR ÁREAS

Un dato moi preocupante é que dos 38 positivos de Galicia hoxe, 14 proveñen do distrito sanitario ide Ourense. Hai que lembrar que Ourense soporta un brote nunha residencia de Barbadás, pero 14 novos positivos nun só día non parece que poidan provir só dese centro, pois a maioría dos seus residentes xa dera positivo antes. 



Unha boa noticia é que por vez primeira en 2021 hai menos de 5 enfermos críticos e en Ourense, Pontevedra e Vigo non queda ningún. Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos en Galiciapress.  


CONCLUSIÓNS

Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:

  • A pandemia segue en fase expansiva tras tocar fondo a semana pasada. Non estamos ante un repunte puntual, pois os positivos tenden á alza en todas as áreas. 
  • A nivel de España nótase un ascenso da incidencia bisemanal en todos os tramos de idade. A nivel de Galicia, hai ascenso polo menos nos menores de 12 anos, non vacinados. Isto confirma a hipótese de que non estamos ante unha alza momentánea. Afortunadamente, a virulencia da alza entre os galegos menores de 12 non é moito máis elevada que entre a poboación xeral, o que apunta a que por agora as aulas non están a ser motor do cambio de tendencia. Iso si, os nenos soportan unha incidencia 1,5 veces maior que a poboación en xeral e lvos datos da covid-19 nas aulas empeoraron onte por vez primeira este curso.
  • A gran pregunta segue sen resposta. Estamos ante un repunte inevitable pero moi modesto tras alcanzar o tope de vacinación por agora e empezar a sufrir o embate do frío e o impacto de o fin de case todas as restricións? A bajísima taxa de positividade das probas apunta en eset sentido. Nos desperartes de pasadas ondas, a proporción de PCRs positivas disparouse fulguramente, o que obrigou ao SERGAS para incrementar a cantidade de test. Isto non está a pasar agora. 
  • A outra posibilidade é que o repunte se consolide nunha tendencia á alza que, sen chegar a fraguarse nunha onda do calibre das do pasado, si sexa significativo e obrigue a endurecer restricións outra vez.  Desgraciadamente, movémonos nunha situación epidemiolóxica inédita, polo que é imposible determinar con certeza que pasará. 
  • O que parece en principio parece imposible son ondas do calibre das anteriores. Tamén se antolla descartable que pronto vexamos decrecer a pandemia. A alza actual ten xa certa entidade e, por agora, o coronavirus seguirá gañando terreo, a incógnita é canto e a que ritmo.

    REuBn porcentaxe de cambio diario de casos activos de coronavirus en galicia


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE