Descuberto un "excepcional" xacemento arqueolóxico con murallas en Vilar de Barrio, Ourense

Desde hai semanas os veciños do municipio de Vilar de Barrio observan un atípico movemento no coñecido como Monte do Castelo. Neste lugar, técnicos da cooperativa Xeitura realizaron ata o momento seis sondaxes arqueolóxicas, catro con resultados positivos ao haller Atopando nelas restos dunha muralla e vivendas con máis de 2.000 anos de antigüidade, así como outro tipo de construcións e recintos.

|

Os arqueólogos da cooperativa Xeitura estiman en 15 hectáreas as dimensións do xacemento 


Xacemento en Vilar de Barrio nunha foto de Xeitura

Xacemento en Vilar de Barrio nunha foto de Xeitura 


Desde hai semanas os veciños do municipio de Vilar de Barrio observan un atípico movemento no coñecido como Monte do Castelo. Neste lugar, técnicos da cooperativa Xeitura realizaron ata o momento seis sondaxes arqueolóxicas, catro con resultados positivos ao localizar nelas restos dunha muralla e vivendas con máis de 2.000 anos de antigüidade, así como outro tipo de construcións e recintos.


"Os nosos traballos centráronse en dous partes claramente diferenciadas. A primeira delas correspondente á parte máis elevada do monte, onde localizamos parte dunha muralla ciclópea e cabanas circulares tipicamente castrexas. E por outra banda, aos pés deste castro, onde emerxe outro recinto monumental delimitado por un pequeno muro", apuntou o arqueólogo director da intervención, Martiño Xosé Vázquez.

Xeitura incide en que, "se fascinantes son os materiais achados no poboado fortificado, que falan da integración do lugar nunha rede comercial co mediterráneo en época romana, non menos interesantes son os descubertos aos seus pés", zona que atraería a atención dos investigadores Rebeca Blanco e Joâo Fonte, das universidades de Santiago de Compostela e Exeter (UK) respectivamente.

"No ano 2018 realizamos unha prospección con técnicas xeoespaciais na contorna da extinta Lagoa da Antela e observamos que ao redor do castro existía unha delimitación que parecía non ter que ver con leste. A visita posterior ao lugar e as escavacións arqueolóxicas confirman agora a existencia do recinto e todo un complexo sistema de construcións en materiais perecedoiros. Conxunto que podería sacar á luz unha ocupación do sitio en época tardía e medieval", traslada Rebeca Blanco.


IMPORTANCIA

De confirmarse esta hipótese, Vilar de Barrio contaría cun dos xacementos arqueolóxicos "máis excepcionais" de toda Galicia.

Precisamente, co obxectivo de datar esas singulares estruturas, Jorge Sanjurjo, do Grupo de Patrimonio Cultural e Xeolóxico da Universidade da Coruña, recollía esta semana abundantes mostras no lugar para obter a súa cronoloxía mediante o método da Luminiscencia Ópticamente Estimulada (OSL, polas súas siglas en inglés).

Os traballos foron promovidos polo Concello de Vilar de Barrio e financiados pola Deputación Provincial de Ourense.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE