Covid municipios: Pontevedra e Santiago son os municipios e as comarcas onde están a subir os positivos semanais
Outro tanto se pode dicir da comarca de Compostela, coa urbe en risco baixo e varios municipios da súa periferia, Oroso e Trazo en risco medio. Pontevedra e Santiago son as únicas urbes nas que os positivos están a crecer desde unha perspectiva semanal e son as únicas que non están en nova normalidade.
No mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra como a comarca da Coruña conseguiu recuperarse da alza que sufriu a principios de mes, con todos os municipios outra vez en nova normalidade, salvo A Laracha.
Pola contra, nótase un empeoramento na comarca de Pontevedra. Moraña, Meis, Caldas e Vilaboa levan o laranxa do risco medio mentres a capital provincial volve sufrir unha alza dos seus positivos semanais. Outro tanto se pode dicir da comarca de Compostela, coa urbe en risco baixo e varios municipios da súa periferia, Oroso e Trazo en risco medio.
Pontevedra e Santiago son as únicas urbes nas que os positivos están a crecer desde unha perspectiva semanal e son as únicas que non están en nova normalidade. En toda Galicia, só queda un municipio en risco alto, Alfoz, e non chega aos 10 diagnósticos á semana.
Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos, pois é onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque as urbes empezan tamén a contar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, polo que as cores do mapa se corresponde ao nivel actual de alerta en semáforo covid para a incidencia acumulada en todos os concellos.
VARIACIÓN SEMANAL
A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 1,04 ; o que quere dicir que na última semana houbo un 4% máis de positivos que na penúltima.
Municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior a 1:
- Vigo 0,93
Municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están estancados desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é xusto 1:
- Coruña (A) 1,00
Municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están subindo desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1:
- Santiago de Compostela 1,16
- Pontevedra 1,39
VARIACIÓN DIARIA
Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.
Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe respecto a ese total onte:
- Santiago de Compostela +1
- Pontevedra +3
Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:
- Coruña (A) -2
TODOS Os MUNICIPIOS
A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:
EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA
A nivel galego a tendencia de casos activos está practicamente plana aínda que a nivel de distrito sanitario hai unha área cunha clara tendencia á alza. A área de Ferrol chegou a ter só 5 casos activos o 8 de outubro e tras o +4 de hoxe sobe a 20.
As infeccións activas unicamente aumentan en dúas das sete áreas: Ferrol (+4) e Pontevedra e O Salnés (+2); mentres que descenden nas de Ourense (-7), A Coruña e Cee (-7), Santiago e Barbanza (-4), Lugo (-3) e Vigo (-2).
Así, a área da Coruña e Cee continúa como a única por encima do centenar de casos, con 138; seguida da de Vigo, con 77; Santiago e Barbanza, con 68; Pontevedra e O Salnés, con 44; Ourense, con 37; Lugo, con 37; e Ferrol mantense á cola, con 20.
POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA
O novos contagios tamén descenden por baixo da trintena despois de dúas xornadas consecutivas en ascenso e sitúanse en 28, cinco menos que os 33 deste mércores, aínda que lixeiramente superior aos 23 do martes e 21 do inicio desta semana. O luns 11 de outubro rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de 'nova normalidade'.
Estes 28 novos positivos foron confirmado nas últimas 24 horas a través de Probas de Detección de Infección Activa. Deles, seis corresponden á área de Vigo; outros seis, á de Pontevedra e O Salnés; catro, á de Ferrol; catro, á da Coruña e Cee; outros catro, á de Santiago e Barbanza; tres, á de Ourense; e un, á de Lugo.
Segundo os datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, as persoas hospitalizadas pola Covid en UCI mantéñense en oito e descenden a 21 as ingresadas noutras unidades --dúas menos--, mentres que 392 permanecen en seguimento no seu domicilio.
Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta unicamente na de Ferrol que, aínda que segue sen pacientes Covid en UCI, rexistra dúas noutras unidades --unha máis--; mentres que se alivia nas da Coruña e Cee; Pontevedra e O Salnés e Vigo. Nas outras tres non hai cambios.
Deste xeito, na área da Coruña e Cee continúan tres pacientes Covid en UCI e baixan a oito os ingresados noutras unidades --uno menos--; na de Vigo segue un en críticos e descenden a cinco os doutras unidades --uno menos--.
Polo seu lado, na área de Pontevedra e O Salnés continúa un paciente Covid en UCI e xa non hai ingresados noutras unidades, cando a xornada anterior había un.
Sen cambios seguen as áreas de Ourense, sen críticos e con dous ingresados en planta pola Covid; a de Santiago e Barbanza, sen pacientes en UCI e con tres noutras unidades; e a de Lugo, con tres en Unidade de Ciudados Intensivos e un en planta.
Escribe o teu comentario