Os positivos covid están a subir entre os nenos e entre a poboación xeral aínda que os niveis seguen sendo moi baixos


O problema non son os niveis, excelentes, é a tendencia. A melloría está a desaparecer. De feito, desde unha perspectiva semanal xa non existe, como mostra a evolución da razón de taxas.  


|




Os 28 novos positivos por PCR comunicados hoxe confirman que estamos a sufrir un repunte, moi leve ata o de agora, dentro da planicie na que levamos instalados desde a segunda semana de outubro.


Os casos activos baixan tras dous días de ascenso e marcan un novo mínimo absoluto desde o 6 de agosto de 2020. 





A incidencia acumulada a 7 días sobe por segundo día consecutivo, pero case nada, de 6,1 a 6,5. Seguimos con variacións mínimas, fai trece días que nos movemos entre 6,9 e 6 positivos por 100.000 habitantes á semana . Mentres aguantemos por baixo de 10, seguiremos en nova normalidade neste índice.





A incidencia acumulada a 14 días descende tras o mínimo rebote de onte. Claro que a baixada tamén é mínima, de 12,7 a 12,5. Tamén seguimos en nova normalidade neste índice, cuxa curva está tamén practicamente plana. Fai cinco días que nos movemos entre 12,9 e 12,5. 


O dobre da incidencia semanal (13) é maior que a incidencia bisemanal (12,5). Sabemos pois que na última semana houbo máis positivos que na penúltima. Algo que non sorprende, pois na anterior houbo bajón de PCRs pola ponte do Pilar.


Como de grave é este repunte? Cantos positivos máis hai semanalmente? É un repunte dun calibre moi modesto. A razón de taxas é de 1,04; por tanto a subida semanal é do 4%.


O preocupante non son os niveis, é a tendencia. É a segunda vez que a razón de taxas supera 1 no últimos catro días. Non pasara algo así desde que dobramos o pico da quinta onda a finais de xullo.


A taxa de positividade onte foi dun excelente 1,04% % e axúdanos a mantervos  en nova normalidade porque a media semanal segue por baixo de 4%. De feito a media semanal cae de 1,2% a 1,02%, o terceiro mellor valor desde agosto do ano pasado.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un -3,8 %. A media semanal, o indicador verdadeiramente relevante, dá outro paso máis na mala dirección e sobe de -1,7  % a -1,4 %.




Na última semana este indicador perdeu 2,5 puntos. De manterse a mesma traxectoria, a semana próxima superará a barreira de 0. Será entón cando cada día empece a haber máis e máis casos activos, desde un punto de vista semanal. 


En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un descenso de -17 . O total é de 421 casos activos.


DATOS POR ÁREAS

 A Coruña (6) e  Pontevedra (6) son outra vez os distritos que máis positivos comunican hoxe.  Ferrol suma 4 positivos, que son poucos pero que contribúen a seguir inflando o seu cómputo de casos activos. Ferrol chegou a ter só cinco casos activos a principios de mes  e xa soporta 20.



Unha boa noticia é que  hai tres áreas sen ningún paciente crítico, Ferrol, Santiago e Ourense. 

Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nesta noticia de Galiciapress.  


CONCLUSIÓNS

Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:

  • A pandemia está a tocar fondo ou o tocou hai uns días. Con estes niveis de vacinación e de restricións sería moi sorprendente que os índices baixasen significativamente.
  • Afortunadamente, eses índices son moi baixos. Todos os indicadores están no banzo de nova normalidade do semáforo de alertas. Isto xustifica que a Xunta declare o fin da alerta sanitaria.
  • O problema, repetimos, non son os niveis, excelentes, é a tendencia. A melloría está a desaparecer. De feito, desde unha perspectiva semanal xa non existe, como mostra a evolución da razón de taxas. 

  • A dúbida é que se, con sorte, entraremos nunha fase de planicie con leves vaivéns ou nos enfrontaremos a unha alza relevante -aínda que en prinicipio xamais tan grave como as pasadas ondas- como a que están a sufrir outros lugares onde xa non se vacinan máis persoas, como o Reino Unido.
  • Un bo indicador do cambio de tendencia é a poboación menor de 12 anos. Desde que empezou o curso, a incidencia acumulada a 14 días baixou entre os nenos galegos a pesar de non estar vacinados. Ao haber menos virus circulando na sociedade, os pequenos non se contaxiaban máis dada as medidas de seguridade nas aulas. Esta tendencia cambiou hai dous días, cando este indicador empezou a crecer. Hai que lembrar que é un indicador a 14 días, que pola súa natureza non cambia de rumbo con facilidade. 

    Feo0W raz n de taxas semanais de covid en galicia


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE