Suprimen a materia de Tecnoloxía Industrial do IES Miraflores de Oleiros, a pesar de ter profesor e dar xa clase​

Pais e nais de alumnos que cursan segundo de bacharelato no instituto Miraflores de Oleiros (A Coruña) denunciaron a supresión da materia de Tecnoloxía Industrial cando o curso xa estaba iniciado, impartíronse clases e con profesora asignada.



|

Os cinco alumnos de Segundo de Bacharelato matriculados en Tecnoloxía Industrial, unha asigntura que pode ser clave á hora de acceder a algunhas carreiras universitarias, quedáronse da noite para a mañá sen esa clase. 


A pesar de que o curso xa estaba iniciado e recibiran as primeiras leccións, denuncian que suspenderon a materia "polo baixo número de matriculados". A materia xa foi impartida o ano pasado en Primeiro de Bacharelato. 


Ies miraflores oleiros maps

IES Miraflotes | Foto: Google Maps


Pais e nais de alumnos que cursan segundo de bacharelato no instituto Miraflores de Oleiros (A Coruña) denunciaron a supresión da materia de Tecnoloxía Industrial cando o curso xa estaba iniciado, impartíronse clases e con profesora asignada.

Así o explicaron a Europa Press e trasladaron nun escrito dirixido á Xefatura Territorial da Consellería de Educación, á que solicitaron que se prosiga impartindo esta materia "como viña facendo desde o 15 de setembro".

En concreto, informan que o pasado día 22 a dirección do centro comunicoulles que esta materia optativa non se podería seguir impartindo polo "baixo número de matriculados" e que os cinco alumnos deberían cambiar a configuración de materias.

"Tecnoloxía Industrial II, a pesar de ser optativa, é unha materia de continuidade, que xa foi cursada polo alumnado en primeiro", remarcan os pais, que lembran que no IES Miraflores impártese a modalidade STEMBach, un bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía.


PROFESORADO

Ademais, apuntan que esta materia é "clave" para o alumnado afectado ao cursar varios o STEMBach e alertan de que os seus proxectos de fin de curso poderían verse "danados" pola perda de docencia nesta materia. Inciden tamén no feito de que o 40% do alumando sexan mulleres, aspecto ao que aluden en referencia ás campañas para impulsar a presenza das mesmas en carreiras vinculadas a esta rama.


De todos os seus argumentos, cualifican como "máis incomprensible" o feito de que non se necesite máis profesorado. "As profesoras de tecnoloxía teñen dispoñibilidade horaria", expoñen no seu escrito no que afirman que quedarían "con tres horas horas menos de docencia" se se mantén a decisión.

Tamén descartan a opción de recibir a distancia, desde un instituto de Santiago, unha materia que esixe "unha parte práctica importante", recalcan. Mentres, remarcan a participación dos alumnos en iniciativas como o lanzamento do satélite Maruma Sat ou no programa de 'Talentos Inclusivos', do centro tecnolóxico CITIC da Universidade da Coruña (UDC).

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE