Campo Lameiro consegue "arrincarlle" a Abanca unha unidade móbil de martes a xoves e os de feira

Campo Lameiro informou este martes de que terá servizos bancarios de Abanca tres días á semana (martes, mércores e xoves, e os 4 e 20 de cada mes coincidindo cos días de feira) cunha unidade bancaria móbil, ademais de "un caixeiro automático de última xeración" con todas as súas funcións activadas e un sistema operativo de fácil manexo para persoas maiores e os menos familiarizados coa tecnoloxía.

|

A crise do rural galego polos peches de sucursais bancarias de Abanca obriga a moitos municipios a reinventar o servizo do que viñan gozando os veciños.


Unha poboación envellecida e a fenda dixital fan imposible a colocación de caixeiros ou o paso á banca electrónica para moitos clientes. Agora dispoñerán dunha unidade bancaria móbil tres días á semana. 


Crespóns negros en protesta contra o peche da sucursal bancaria en Campo Lameiro

O Goberno de Campo Lameiro e os comerciantes protestaron contra o peche da oficina | Foto: EP


Campo Lameiro informou este martes de que terá servizos bancarios de Abanca tres días á semana (martes, mércores e xoves, e os 4 e 20 de cada mes coincidindo cos días de feira) cunha unidade bancaria móbil, ademais de "un caixeiro automático de última xeración" con todas as súas funcións activadas e un sistema operativo de fácil manexo para persoas maiores e os menos familiarizados coa tecnoloxía.


Así llo confirmaron este martes, segundo informa o Consistorio, directivos territoriais da entidade ao rexedor de Campo Lameiro, Carlos Costa.

A recuperación destes servizos farase, segundo o Concello, de maneira gradual e así o venres 24 de setembro entrará en funcionamento o novo caixeiro automático, mmientras que o 5 de outubro comezará a operar a Unidade Móbil Bancaria e a atención ás feiras terá lugar a partir do mes de novembro.

Abanca, segundo o Consistorio, garante que este novo servizo presencial en Campo Lameiro terá un carácter indefinido no tempo e prestarase 3 días á semana e os días 4 e 20 de cada mes.

O horario de atención ao público será de 9 a 14 horas de maneira ininterrompida os martes e os xoves e os mércores será pola tarde de 17 a 19 horas. Os días de Feira será pola mañá, de 9 a 14 horas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE