Brote covid no Camiño de Santiago con dous positivos e 52 confinados tras pasar por Sarria e Portomarín

Dous positivos nun grupo de 52 peregrinos, detectados no municipio de Portomarín (Lugo), obrigaron este luns pasado ao traslado de todo o grupo. Así, marcharon os contaxiados a Alcalá de Henares e pola noite o resto en dirección a Madrid.

|

As autoridades insisten en que o roteiro Xacobeo é seguro pero o certo é que as pernoitas en grupos numerosos son un factor evidente de risco. 


En Portomarín, o alcalde di que ten todas as prazas hostaleiras do concello ocupadas e que confinou ao grupo de Alcalá de Henares nun albergue de emerxencia ad hoc.


Foto de arquivo do Camiño de Santiago ao seu paso por Portomaru00edn nunha imaxe de Google Street View

Foto de arquivo do Camiño de Santiago ao seu paso por Portomaru00edn nunha imaxe de Google Street View 



Dous positivos nun grupo de 52 peregrinos, detectados no municipio de Portomarín (Lugo), obrigaron este luns pasado ao traslado de todo o grupo. Así, marcharon os contaxiados a Alcalá de Henares e pola noite o resto en dirección a Madrid.


PROCEDÍAN DE SARRIO

O alcalde de Portomarín, Juan Serrano, relatou como "sobre as tres da tarde de onte (luns)" chamáronlle "as autoridades sanitarias dicindo que un grupo pechado, que é como se chama a estes grupos, que poden estar nos albergues máis aló do 30 por cento de ocupación, que hai dous positivos e que hai que confinalos".

Os 52, veciños de Alcalá de Henares, viñan de facer a etapa desde Sarria. Seguidamente Serrano púxose en contacto co responsable do grupo. "Os trato de sacar da circulación porque estaban nun albergue privado e abrimos o albergue de emerxencias que temos preparado para isto e ás catro da tarde confínanse", comentou.

Nun principio resólvese o traslado dun dos responsables destes peregrinos, "de mediana idade", e os dous positivos ao seu "lugar de orixe, que é Alcalá de Henares, e o resto do grupo, que podería estar incubando a enfermidade, o que se fai é xestionar tamén o seu transporte e ás once da noite parten en autobús a Madrid".

É EN REALIDADE UN CAMIÑO "SEGURO"?
A pesar deste brote, Serrano insiste en que o Camiño a Santiago é "seguro". Tamén destacou a "importante" presenza de peregrinos en Portomarín, máis visible "polas tardes".

Tanto é así que o alcalde asegurou que desde o mes pasado mantense una ocupación do cento por cento de todas as prazas hostaleiras con que conta o concello, sobre 1.700.

Así mesmo, aclarou que aquí non se inclúen "casas privadas que se alugan", á vez que lembra que nos albergues está limitada a súa capacidade a un trinta por cento cando non se trata de grupos "burbulla".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE