Non morrían tantos galegos con covid nun día desde febreiro aínda que os positivos seguen baixando

Unha porcentaxe maior do que lle corresponde polo seu peso poboacional e que confirma que a melloría dista de ser uniforme e que o epicentro da quinta onda, incialmente no sur de Galicia, está a desprazarse.  Son 42 os pacientes críticos.


|

Os 1095 novos positivos por PCR comunicados hoxe serven para rebaixar bastante todos os indicadores semanais e bisemanais da pandemia.


Os casos activos continúan á baixa por segundo día consecutivo, algo que non pasaba desde mediados de xuño, antes de que se desatase esta quinta onda. 





incidencia acumulada semanal cae de 295 a 283. Un considerable descenso que confirma as expectativas dunha rápida melloría.


incidencia acumulada a 14 días baixa de 632 a 627. É o quinto día seguido de descenso, o que permite ter a tranquilidade de que a caída non é puntual, o pico da onda queda atrás.


O dobre da incidencia semanal (590) é menor que a incidencia bisemanal (632). Por tanto, na última semana houbo menos positivos que na penúltima.


Cantos menos? Como a razón de taxas baixa ata 0,91, sabemos que foron un 9 por cento de diagnósticos menos. 


A taxa de positividade onte foi do 14,6 das 6.012 PCR completadas o domingo, día de orixe dos datos coñecidos hoxe. Outra vez confírmase que as fins de semana o SERGAS fai menos test, pois a media semanal está en 7.735 PCR ao día.


SITUACIÓN DOS INDICADORES NO SEMÁFORO DE ALERTAS

Segundo os criterios do semáforo de alertas oficial, a taxa de positividade de Galicia segue no segundo peor dos niveis posibles. Correspóndelle risco alto ás autonomías cunha media semanal entre o 15 e o 10%. O importante, con todo, é que a tendencia é claramente á baixa.




A incidencia a 7 días segue en risco extremo, o peor dos niveis posibles, a pesar da clara evolución en descenso. Descenso que está a ser veloz, máis rápido que anteriores ondas, posiblemente polo avance do proceso de vacinación.





EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un -0,19% . A media semanal, o indicador máis relevante, segue polo bo camiño, xa moi próxima a cero, pasando do -1,2% ao -0.5%. Se toda vai ben, mañá debería entrar en valores negativos. Entón será cando se poida afirmar que, desde a perspectiva semanal, que o SERGAS ten que xestionar cada día menos e menos casos activos.




En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un descenso  -36, que deixa o total en Galicia en  18.771  casos activos. 


CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:

  • A pandemia segue descendendo en Galicia desde unha perspectiva semanal, que é a fundamental para analizar a súa discorrer.
  • Non hai ningunha indicación que a melloría vaia a pararse nos próximos días. Os valores de positivos son aínda altos, pero a tendencia á baixa está consolidada.
  • As boas noticias na fronte dos diagnósticos veñen acompañadas hoxe con relativas boas noticias na fronte hospitalaria, con 24 pacientes en planta hospitalaria. Este descenso importante prodúcese cando, en teoría, aínda debe quedar polo menos unha semana de subida da presión nos hospitais. Con todo, esta cifra está embazada por un número elevadísimo de falecementos.
  • O SERGAS acaba de comunicar 10 mortes, que é o maior número da quinta onda e o maior desde o 27 de febreiro. Un dato que é malo e moi sorprendente, pois o anterior récord de mortes nun día desta onda era de só tres decesos.  O SERGAS indica que as mortes se produciron en varios días, entre o 30 de xullo e onte luns.

    Feo0W novos falecidos diarios por covid 19 en galicia



DATOS POR ÁREAS

A Coruña ( 302 ) achega o 34% dos novos positivos de hoxe. Unha porcentaxe maior do que lle corresponde polo seu peso poboacional e que confirma que a melloría dista de ser uniforme e que o epicentro da quinta onda, incialmente no sur de Galicia, está a desprazarse. 




Son 42 os pacientes críticos. A área máis presionada é aA Coruña, con 15 casos activos, máis do dobre que a seguinte, Pontevedra, con 7.Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos en Galiciapress. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE