Covid municipios: A área de Santiago empeza a caer, a de Vigo está a piques de conseguilo e a baixada rápida en Ourense

|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios empeza a reflectir mellorías nas áreas con peores niveis


Por exemplo, nunha comarca turística costeira como O Barbanza só queda un concello en nivel de risco máximo - A Pobra - cando hai uns días estaban todos nese nivel. Algo similar sucede na comarca de Ourense, onde a capital segue en risco máximo -a pesar da súa rápida melloría esta semana- pero onde só queda outro municipio en negro, Barbadás. 


Non mellora tanto Pontevedra, a área que primeiro sufriu o embate da quinta onda despois de Ourense. Tanto a capital como Poio suman hoxe moitos positivos ao seu cómputo semanal, aínda que a tendencia semanal aguanta á baixa.





VARIACIÓN SEMANAL

razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicai é do, o que quere dicir que na última semana houbo un  % máis de positivos que na penúltima. Se fose 1, significaría que os positivos nin crecen nin baixan desde un punto de vista semanal.


Municipios onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior 1:



  • Ribadumia 0,59
  • Ourense 0,69
  • Boiro 0,69
  • Ortigueira 0,71
  • Porto do Son 0,74
  • Tomiño 0,75
  • Meis 0,76
  • Barbadas 0,77
  • Ribeira 0,79
  • Sarria 0,80
  • Vilanova De Arousa 0,81
  • Gondomar 0,82
  • Estrada A 0,82
  • Cambados 0,84
  • Vilagarcia De Arousa 0,84
  • Rosal (O) 0,85
  • Melide 0,85
  • Pobra do Caramiñal A 0,86
  • Carballiño (O) 0,86
  • Meaño 0,87
  • Sanxenxo 0,88
  • Illa de Arousa 0,88
  • Vilalba 0,88
  • Cedeira 0,88
  • Vimianzo 0,89
  • Pontevedra 0,89
  • Fisterra 0,90
  • Garda (A) 0,90
  • Ribadeo 0,90
  • Oleiros 0,91
  • Monterrei 0,92
  • Cervo 0,92
  • Barco De Valdeorras (O) 0,92
  • Muros 0,96
  • Viveiro 0,97
  • Noia 0,97
  • Burela 0,98
  • Poio 0,98
  • Moaña 0,98
  • Baiona 0,98
  • Marin 0,99






Municipios onde os positivos están subindo desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1:


  • Vigo 1,02
  • Rianxo 1,02
  • Padron 1,03
  • Tui 1,03
  • Chantada 1,04
  • Ferrol 1,05
  • Coruña (A) 1,05
  • Pereiro De Aguiar 1,05
  • Bueu 1,06
  • Oroso 1,06
  • Ames 1,07
  • Mos 1,08
  • Culleredo 1,08
  • Carballo 1,08
  • Santiago de Compostela 1,08
  • Redondela 1,09
  • Cuntis 1,10
  • Lugo 1,10
  • Porriño (O) 1,11
  • Fene 1,14
  • Foz 1,15
  • Betanzos 1,15
  • Cangas 1,15
  • Ponteareas 1,16
  • Caldas de Reis 1,16
  • Naron 1,16
  • Palas de Rei 1,17
  • Neda 1,18
  • Teo 1,19
  • Bergondo 1,20
  • Avion 1,20
  • Arteixo 1,20
  • Cambre 1,21
  • Ponte-Caldelas 1,24
  • Outeiro De Rei 1,24
  • Allariz 1,25
  • Celanova 1,28
  • Pontes De Garcia Rodriguez (As) 1,30
  • Sada 1,30
  • Cee 1,31
  • Lalin 1,31
  • Muxia 1,33
  • Xinzo De Limia 1,35
  • Verin 1,36
  • Tordoia 1,37
  • Capela (A) 1,38
  • Fonsagrada (A) 1,38
  • Vilaboa 1,38
  • Rua (A) 1,40
  • Pino (O) 1,41
  • Mondariz 1,43
  • Salceda De Caselas 1,44
  • Laracha 1,45
  • Pontedeume 1,45
  • Coristanco 1,50
  • Monterroso 1,50
  • Salvaterra De Miño 1,53
  • Ares 1,53
  • Boqueixon 1,54
  • Rois 1,54
  • Lama A 1,56
  • Outes 1,57
  • Portas 1,57
  • Cariño 1,64
  • Trazo 1,67
  • Valga 1,67






Municipios onde os positivos están estables desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é xusto 1:



  • Valdoviño 1,00
  • Monforte de Lemos 1,00
  • Maceda 1,00
  • Grove Ou 1,00
  • Nigran 1,00
  • Silleda 1,00
  • Soutomaior 1,00




 


VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade. 


Os saltos ou descensos do cómputo semanal de positivos  cada municipio pódense comprobar no mapa sensible desta noticia. En todo caso, os cómputos semanais de positivos que máis baixan hoxe son:


  • Vigo -79
  • Santiago de Compostela -34
  • Ourense -34
  • Coruña (A) -24
  • Ferrol -14
  • Muros -14
  • Ribeira -13
  • Monforte de Lemos -12




E os cómputos semanais de positivos que máis soben hoxe son:


  • Naron +7
  • Culleredo +8
  • Pontedeume +9
  • Xinzo De Limia +9
  • Poio +10
  • Sada +11
  • Pontevedra +23



 A evolución diaria do cómputo semanal de positivos en cada municipio e a súa razón de taxas actual poden consultarse usando o buscador desta táboa:

Lembrar que o SERGAS non facilita valores numéricos dos positivos en municipios de 10.000 habitantes cando o cómputo semanal é inferior a 10, o único que di é "entre 1 e 9". Isto imposibilita calcular a súa razón de taxas e a variación do seu cómputo semanal. É o que sucede hoxe, por exemplo, en Abegondo.


CIDADES

As cidade onde está a crecer máis o virus agora é Lugo, cunha razón de taxas do 1,1. Isto quere dicir que en Lugo houbo un 10% máis de positivos a última semana, comparándoa coa penúltima. 


Por tanto, o maior incremento urbano é moi modesto. Un dato que vai na liña da recente baixada que xa se ve a nivel Galicia. É moi destacable que a maior cidade de Galicia, Vigo, teña unha razón de taxa de só 1,02, polo que é moi probable que estea alcanzado o seu pico de positivos da quinta onda. Pico que xa alcanzaron Ourense (0,66) e Pontevedra (0,89), pese ao gran salto en cómputo semanal de Pontevedra hoxe (+23).  



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Os distritos sanitarios de Ourense e Santiago volven baixar o seu cómputo de casos activos hoxe. No resto de áreas a curva segue crecendo, pero en todas está a perder forza nos últimos días. 




Con respecto a fai sete días, Galicia rexistra unhas 3.700 infeccións activas máis que o pasado venres, 23 de xullo, cando había 15.109 no conxunto da Comunidade galega.

Por áreas sanitarias, os casos activos descenden de novo na de Ourense (-112), que rexistra varios días consecutivos á baixa; á que se suma a de Santiago e Barbanza (-38); mentres que no resto ascenden: A Coruña e Cee (+110); Vigo (+63), Lugo (+31), Ferrol (+29) e Pontevedra e O Salnés (+26).

 

DATOS DE HOXE POR ÁREA

Galicia chega ao final do mes de xullo por encima do milleiro de novos contagios diarios desde fai xa once xornadas consecutivas ao subir a 1.193, que implican 116 máis que o día pasado, cando se rexistrou a cifra máis baixa (1.077) desde o inicio da semana, que arrincou con 1.115.

En Galicia foron confirmados 1.223 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), que supoñen 110 máis que o día anterior, dos cales 289 corresponde á área de Vigo; 266, á da Coruña e Cee; 210, á de Pontevedra e O Salnés; 148, á de Lugo; 117, á de Santiago e Barbanza; 115, á de Ourense; e 78, á de Ferrol. 



PRESIÓN HOSPITALARIA HOXE POR ÁREA

Segundo os datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros de ata as 18,00 horas do xoves, recollidos por Europa Press, as persoas ingresadas pola Covid-19 en UCI ascenden a 36 --unha máis-- e aumentan a 266 as que se atopan hospitalizadas noutras unidades --24 máis--, mentres que 18.583 permanecen no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase na de Ourense, que mantén tres pacientes Covid en UCI e reduce a 40 os ingresados noutras unidades --dúas menos--; mentres que aumenta nas da Coruña e Cee, Vigo, Santiago e Barbanza, Pontevedra e O Salnés e Lugo; mentres que se mantén a de Ferrol.

Na da Coruña e Cee soben a 14 os pacientes Covid en UCI --dúas máis-- e descenden a 60 os doutras unidades --uno menos--; mentres que a de Vigo continúa con dous críticos e rexistra 46 noutras unidades --seis máis--.

A de Lugo reduce a tres os pacientes Covid en UCI --uno menos--, pero rexistra 41 ingresados noutras unidades --dez máis--; e a de Santiago e Barbanza segue con dúas en críticos e conta con 22 noutras unidades --dúas máis--.

En canto á de Pontevedra e O Salnés, continúan seis pacientes Covid en UCI e soben a 42 os ingresados noutras unidades --nove máis--; mentres que na de Ferrol non hai cambios, con seis en críticos e 15 noutras unidades.


PGZkW incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia (13)


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress