Os síntomas de infección Covid en vacinados son diferentes aos máis comúns en non inmunizados

Hai que lembrar que as vacinas non protexen ao 100% aos vacinados contra a infección, aínda que os síntomas, cando os hai, tenden a ser máis leves e a miúdo poden ser diferentes dos típicos asociados ata o de agora co coronavirus, parecéndose máis aos dun arrefriado.


|

Galicia ten máis do 65% da poboación coa pauta completa e aínda así os contagios seguen disparados


Hai que lembrar que as vacinas non protexen ao 100% aos vacinados contra a infección,  aínda que os síntomas, cando os hai, tenden a ser máis leves e a miúdo poden ser diferentes dos típicos asociados ata o de agora co coronavirus, parecéndose máis aos dun arrefriado.



Muller con máscara esbirrando no cóbado.


 

Cando comezou a pandemia do Covid, os síntomas aos que as autoridades pedían estar alerta eran febre, tose seca e cansazo. Co paso dos meses os síntomas da infección polo novo coronavirus foi ampliándose e outros, como a dor de cabeza ou a perda dos sentidos do gusto e do olfacto gañaron terreo. Pero isto cambia co variante Delta e tamén cando o infectado xa está vacinado.


Agora, os expertos alertan de que os vacinados que se contaxien, pois as vacinas non son 100% efectivas para evitar a infección, presentan uns síntomas distintos aos que teñen as persoas que aínda non recibiron as súas correspondentes doses.



O inmunólogo Alfredo Corell explicou nunha entrevista para A Xanela de Cadea Ser que os síntomas son distintos. Fíxoo baseándose no seu propio caso, pois a pesar de contar coa pauta completa contaxiouse nunha comida ao aire libre, pero tamén nunha recollida de datos de Reino Unido que levou a cabo.


"A febre xa non era o síntoma máis permanente, a perdida do gusto e do olfacto tampouco, e aparecían como síntomas moi frecuentes en persoas con vacina a rinorrea, é dicir, moquear, a dor de garganta ou a tose seca e a dor de cabeza", manifestou Corell. Isto tamén ocorre co variante Delta.


Ademais, a compañía ZOE e o King's College de Londres realizaron un estudo que concluíu que as persoas vacinadas teñen outro síntoma habitual en común: esbirrar máis do habitual.


Con isto, Corell alertou de que isto pode ser un serio problema porque as persoas poden confundir o Covid cun simple arrefriado. De feito, informa de que iso mesmo pasoulle a el.


Como sempre adoita ter alerxia, pensou que se trataba dun brote da mesma. Non empezou a preocuparse ata que un amigo seu que estivera con el na comida deu positivo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE