O BNG pide a apertura dunha investigación pola agresión a unha muller trans en Santiago de Compostela

A concelleira do BNG de Santiago Navia Rivas denunciou unha agresión contra unha persoa do colectivo LGTBI o pasado venres na compostelá rúa de San Pedro, ante a cal reclamou que se poñan en marcha os protocolos de axuda e de investigación para atopar aos que provocaron esta "intimidación con uso de violencia física e verbal".

|

Navia Rivas, concelleira nacionalista na capital galega, denunciou a agresión sufrida por un membro do colectivo LGTBI a pasada fin de semana. 


"Urxe unha resposta social e institucional a este tipo de agresións para conseguir que Santiago sexa unha cidade aberta, plural e respectuosa coa condición de xénero, o feminismo e a igualdade", demanda. 


Navia rivas

Navia Rivas | Foto: BNG


A concelleira do BNG de Santiago Navia Rivas denunciou unha agresión contra unha persoa do colectivo LGTBI o pasado venres na compostelá rúa de San Pedro, ante a cal reclamou que se poñan en marcha os protocolos de axuda e de investigación para atopar aos que provocaron esta "intimidación con uso de violencia física e verbal".


Segundo recolle nun comunicado, o colectivo LGBTI de Santiago alertou na madrugada do venres unha agresión con intimidación a unha muller transexual, con "uso de violencia física e verbal", á altura do cruceiro de San Pedro.


Engade que diversas persoas que presenciaron os feitos "impediron que a agresión fose a máis e acompañaron a dúas mulleres ás súas casas". O Concello de Santiago asegurou a Europa Press que a Policía Local non ten constancia do ocorrido.


Ante estes feitos, o BNG reclama ao Concello de Santiago reclamou que se poña en marcha o Centro de Asesoramento LGBTI, que foi aprobado no pleno de maio de 2020 para prestar servizo para axudar a tramitar axudas sociais, orientación laboral e a creación dun observatorio contra as violencias lgbtifóbicas, "teniendo en cuenta as dificultades que padece este colectivo", afirmou Navia Rivas.


Entre as funcións deste centro, prevíase a creación dun observatorio municipal contra as violencias lgtbifóbicas, en coordinación con asociacións e policía local, xunto cun instrumento para denunciar e contabilizar casos de agresións.


"Urxe unha resposta social e institucional a este tipo de agresións para conseguir que Santiago sexa unha cidade aberta, plural e respectuosa coa condición de xénero, o feminismo e a igualdade", remarcou a edila.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE