Atopan o corpo sen vida de Carlos Alberto Ares, o veciño de Silleda desaparecido desde hai unha semana
Carlos Alberto Ares, o veciño de Silleda (Pontevedra) de 48 anos que levaba desaparecido desde o pasado 24 de xuño, foi achado na tarde deste sábado nunha leira nas inmediacións da vivenda familiar.
O home faltaba no seu domicilio desde o xoves 24 de xuño e, desde entón, os labores de rastrexo non cesaron na zona.
Finalmente atopouse o seu corpo nunha leira próxima á vivenda familiar. As autoridades están pendentes dos resultados da autopsia.
Carlos Alberto Ares, o veciño de Silleda (Pontevedra) de 48 anos que levaba desaparecido desde o pasado 24 de xuño, foi achado na tarde deste sábado nunha leira nas inmediacións da vivenda familiar.
Segundo informan a Europa Press fontes da Garda Civil, foi un home que conducía un tractor quen atopou o cadáver deste veciño de Bandeira, aparentemente sen signos de violencia. A falta de que lle realicen a autopsia, as mesmas fontes apuntan a unha morte natural o propio día da súa desaparición.
Carlos Alberto Ares desapareceu o pasado xoves 24 de xuño e desde entón a Benemérita organizou diversas batidas pola zona, principalmente en pistas forestais, para dar con el.
Este sábado, cando se cumprían nove días sen coñecer o seu paradoiro, organizáronse dous dispositivos de procura entre a Garda Civil e outros voluntarios, pero non foi ata a tarde cando un home a bordo dun tractor localizaba o corpo.
Escribe o teu comentario