Sarria, en risco alto de restricións, confirma dous brotes de coronavirus con 41 afectados
O municipio lucense é, con Carnota, o concello con peores cifras no referido á incidencia acumulada.
Ramón Ares, xerente da área lucense, indicou que os brotes, a pesar de estar "acoutados", achegan "novos casos", aínda que pronto poderían estabilizarse.
Ramón Ares
O municipio de Sarria (Lugo) concentra 41 casos de Covid-19 vinculados a dous brotes, un inicial con máis dunha trintena de casos vinculado a unha comida, e outro familiar máis pequeno.
Segundo informou este xoves o xerente da área sanitaria luguesa, Ramón Ares, o brote de Sarria iniciado xa hai uns días "segue acoutado" e "achegando novos casos", posto que este mércores "incrementouse en cinco casos máis", relacionados cos iniciais e "todos trazados" e pertencen ao mesmo grupo inicial.
"Ademais do brote principal, temos outro pequeno en Sarria nunha familia, de xente que se desprazou de fóra, e achegaron onte (mércores) outros tres máis", comentou.
Ares puntualizou que se trata de "casos totalmente trazados". "Temos este brote acoutado en fase de estabilización", afirmou, para puntualizar que "pode aparecer algún caso máis, pero non da forma explosiva que da semana pasada".
Escribe o teu comentario