Un falecido nunha saída de vía na Fonsagrada nunha fin de semana con case medio centenar de sinistros

Un condutor faleceu na tarde deste domingo ao saírse da estrada co coche e envorcar no municipio lucense da Fonsagrada.

|

Os feitos ocorreron ao redor das 19 horas do domingo, en elugar de Cabreiroa, en Montereiro. 


O sinistro tivo lugar nunha fin de semana no que Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 56 persoas debido a 43 accidentes de tráfico rexistrados na rede viaria galega.


Ambulancia galicia

Unha ambulancia | Foto: EP


Un condutor faleceu na tarde deste domingo ao saírse da estrada co coche e envorcar no municipio lucense de A Fonsagrada.

O sinistro, segundo informa o 112 Galicia, ocorreu 10 minutos antes das 19,00 horas no lugar de Cabreira, en Montereiro. Entón, un particular chamou á central de emerxencias para informar dun vehículo envorcado na estrada que une A Fonsagrada e Grandas.


Esta persoa indicaba que a persoa no interior do coche podía estar atrapada, polo que o 112 puxo os feitos en coñecemento dos bombeiros de Sarria e da Garda Civil, ademais de Urxencias Sanitarias-061 e Protección Civil.

Con todo, os axentes desprazados ata o lugar só puideron confirmar o falecemento do condutor e único ocupante do turismo. Ademais, indicaron que estaba accesible, polo que non foi necesario o uso de material de excarceración.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE