Alerta laranxa por choiva e tormentas na maioría do interior con ventos moi fortes

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou unha alerta laranxa por tormentas e choivas nas provincias de Ourense e Lugo.

|

A previsión de tormentas con raios é tan forte que el Goberno adianta o inicio do período de alto risco de incendios. Sospéitase que o lume forestal que calcinou centos de hectareas en Salvaterra prendeu por un raio.


As alertas laranxa da AEMT empezan ao mediodía. Mañá tamén as haberá, pero serán só de nivel amarelo e unicamente por choivas, non por tormentas.




Mapa de AEMET coas alertas meteorolu00f3gicas previstas para hoxe miu00e9rcoles 16

Mapa de AEMET coas alertas meteorolóxicas previstas para hoxe mércores 16 



Segundo informou este mércores a Vicepresidencia da Xunta, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) avisa de que a partir das 12,00 horas espérase un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por tormentas e choiva que afectará o centro, montaña e sur da provincia de Lugo.

Tamén afectará o sur, á montaña e ás zonas do Miño e Valdeorras, na provincia de Ourense. En ambas as áreas prevese unha precipitación acumulada nunha hora de 30 mm e localmente saraiba e refachos moi fortes de vento.

AMARELA NOUTRAS ZONAS DO INTERIOR
Así mesmo, actívase alerta amarela por tormentas e choivas no interior das provincias de Pontevedra, A Coruña e no noroeste de Ourense, que tamén empezarán a partir das 12,00 horas.

Nestas zonas prevese unha precipitación acumulada nunha hora de ata 20 mm e localmente saraiba e refachos moi fortes de vento, concreta a Xunta.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE