(VÍDEO) Los Latidos del Tiempo, da banda galega 'Maldito Murphy', achégase ás 100.000 reproducións

Este é só o primeiro tema que o cuarteto quixo adiantar do seu próximo disco e, nel, Juan Castro (voz), Sebas Yepes (baixo), Aarón Starsailor (batería) e Román Tabarés (guitarra) reflexionan sobre o paso do tempo e o futuro.


|

O vídeoclip de 'Los Latidos del Tiempo', adianto do próximo disco dos vigueses, xa acumula máis de 94.000 reproducións en Youtube.


A banda galega, que pronto espera anunciar novidades, celebra a boa acollida do tema desde a súa publicación o pasado decembro.



De Vigo para o mundo, 'Maldito Murphy', banda de pop-indie-rock, festexa o éxito do seu tema Los Latidos del Tiempo, que en pouco máis de seis meses xa rolda as 100.000 reproducións na canle de Youtube da banda.


Este é só o primeiro tema que o cuarteto quixo adiantar do seu próximo disco e, nel, Juan Castro (voz), Sebas Yepes (baixo), Aarón Starsailor (batería) e Román Tabarés (guitarra) reflexionan sobre o paso do tempo e o futuro.


Desde a súa publicación en decembro do ano pasado, o público recibiu calurosamente o tema, con criticas moi positivas tanto á canción como ao videoclip, producido nos estudos Moon River de Santander por Fernando Macaya e dirixido por Jairo Moreno. Ademais, o traballo conta coa participación de Vera Moreno ás cámaras, María Pol na fotografía e coa bailarina Alejandra Balboa.


Maldito murphy

Maldito Murphy | Foto: Maldito Murphy


Aínda non se coñecen os detalles do segundo disco dos galegos, que se estrearon en 2017 con 'No Eramos Tan Ciegos'. O que si se sabe é que estará composto dunha decena de temas, ademais dunha sorpresa en formato sonoro. Por agora, tocará seguir esperando a finais de ano para poder escoitar o disco, aínda que a banda xa avanza que pronto se poderán escoitar dúas cancións novas mentres ultiman os preparativos para o lanzamento do álbum.   


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE