Covid municipios: A Coruña sobe a risco medio por un repunte e Vigo está a piques de entrar en risco baixo

A Coruña estaba onte en rega baixa pero o seu +7 no seu cómputo semanal de hoxe provoca que ascenda a risco medio. Vigo, pola súa banda, mellora e está a un pasito de baixar de 25 e entrar en risco baixo.


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de cornavirus reflicte a rápida melloría do país nos últimos días. A gran maioría dos municipios xa están en nivel de nova normalidade e non queda ningún por encima de 250, límite a partir do cal a Xunta valora impoñer perímetro municipal e outras restricións máximas.


Con todo, a situación dista de ser homoxénea. Os niveis de covid-19 son moitísimo menores no rural, onde a poboación é máis vella e por tanto hai maior porcentaxe de persoas coa pauta de vacinación completa. O municipio en nova normalidade -en verde no mapa- con máis poboación é Artexio, que ten uns 33.000 habitantes.


Xove, O Vicedo, Abadín, Outeiro de Rei, Toques, Triacastela, Beariz, Cenlle e Soutomaior son os concellos con peores datos na última semana, en proporción á súa poboación. Estes nove están en risco extremo -en vermello escuro no mapa-, segundo o criterio para a incidencia acumulada semanal en o semáforo de alertas.  Con todo, son municipios con pouca poboación, onde media ducia de casos basta para disparar os niveis semanais.





A tendencia de Galicia é tan á baixa na última semanal que hai poucas localidades cun cómputo semanal que empeore. De feito, só hai dous municipios de máis de 10.000 habitantes cuxo cómputo de positivos no últimos sete días suba hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:


  • Ourense +5
  • Coruña (A) +7





Relación de concellos de máis de 10.000 habitantes cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:


  • Vigo -8
  • Pontevedra -3
  • Ferrol -2
  • Santiago de Compostela -2
  • Lugo -2
  • Viveiro -2



A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:





COMPARATIVA POR CIDADES

As cidade con peores números é Ourense, con case 50 positivos por 100.000 habitantes na última semana. Está en risco medio -en laranxa no mapa de Galiciapress, en amarelo nos gráficos do doutor Luís Vázquez-, do mesmo xeito que o resto de urbes menos Pontevedra e Santiago. 


A  Coruña estaba onte en rega baixa pero o seu +7 no seu cómputo semanal de hoxe provoca que ascenda a risco medio. Vigo, pola súa banda, mellora e está a un pasito de baixar de 25 e entrar en risco baixo.




Abrindo o foco a dúas semanas, só A Coruña está en risco baixo. Para entrar en risco baixo hai que ter unha incidencia acumulada bisemanal de 50 ou menos, algo que só mantén A Coruña. Con todo, baixar de 50 positivos a 14 días por 100.000 habistantes parece ao alcance de case todas as cidades esta semana se os datos seguen mellorando.





EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Vigo foi a área que máis sufriu a cuarta onda do virus. Tamén é o distrito que máis rápido está a reducir agora a súa curva de casos activos. Lugo foi a última área en sufrir un pequeno rebote, pero encadea xa cinco días seguidos á baixa.



En canto aos casos activos de Covid a nivel de toda Galicia, proseguen con tendencia descendente por décimo sexta xornada consecutiva e sitúanse en 1.734, como na segunda quincena de agosto do pasado ano, o que supón 117 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (171) que contagios (54).

Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden en todas: Vigo (-40), Santiago e Barbanza (-29); Pontevedra e O Salnés (-19), Lugo (-16), A Coruña e Cee (-9) e Ferrol (-7) ; salvo na de Ourense (+3), na que aumentan lixeiramente.

Por tanto, á cabeza en casos activos mantense a de Vigo, con 448; seguida da da Coruña e Cee, con 324; Santiago e Barbanza, con 295; Lugo, con 224; Pontevedra e O Salnés, con 193; Ourense, con 161; e á cola segue Ferrol, con 89. 


DATOS DE HOXE POR ÁREA

En canto aos novos contagios de Covid-19 detectados con calquera tipo de proba redúcense a 58, que supoñen 16 menos que a xornada anterior, a cifra máis baixa rexistrada en meses en Galicia, tras situarse, salvo un par de xornada, toda a semana pasada por baixo do centenar.

No conxunto de Galicia foron confirmados 58 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, segundo os datos actualizados por Sanidade, deles 17 na área da Coruña e Cee; 11 na de Ourense; oito na de Pontevedra e O Salnés; sete na de Vigo; outros sete na de Lugo; seis na de Santiago e Barbanza; e dous na de Ferrol. 



HOSPITALIZACIÓNS POR ÁREA SANITARIA

Un total 15 pacientes permanecen en UCI debido á Covid en Galicia --sen cambios-- e 68 atópanse noutras unidades de hospitalización, un menos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase lixeiramente só na da Coruña e Cee, onde seguen dous pacientes en UCI e descenden a 12 os doutras unidades --uno menos--.

Pola súa banda, o resto de áreas sanitarias non experimentan cambios con respecto á xornada anterior. Deste xeito, na de Vigo seguen cinco pacientes Covid en UCI e sete noutras unidades de hospitalización; e na de Santiago e Barbanza mantéñense tres en críticos e 15 noutras unidades.

Tampouco hai cambios na de Ourense, que é a única que non ten pacientes Covid en UCI --desde o venres-- e mantén sete noutras unidades, mentres que na de Lugo continúan dous ingresados en críticos e seis noutras unidades.

Na de Pontevedra e O Salnés seguen dous pacientes Covid en UCI e 13 noutras unidades; e a de Ferrol mantense cun en críticos e oito noutras unidades. 



5s8Dh incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia  (2)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE