Un accidente acaba coa vida Alfonso Paz-Andrade;vinculado a Pescanova, Caixavigo e a iniciativas galeguistas

O empresario Alfonso Paz-Andrade faleceu este luns tras sufrir un accidente de tráfico ao impactar co seu vehículo contra unha vivenda en Gondomar (Pontevedra).

|

Petrovigo, Construtora San José, Pescanova e Caixanova son só algunhas das sociedades nas que o veterano empresario foi directivo. Pola fraude na cotización de Pescanova recibiu unha condena de cárcere.


Ademais da os negocios, Alfonso Paz-Andrade mantiña relación co mundo cultural galeguista, que herdou do seu pai, Valentín, fundador de Pescanova e un das figuras craves deste movemento.  Así, participou, entre outras iniciativas, no Consello da Cultura Galega, Xornal de Galicia ou o Instituto Galego de Información de Díaz Pardo.


Alfonso Paz Andrade nunha imaxe da Xunta

Alfonso Paz-Andrade foi un dos protagonistas máis destacados da vida empresarial galega de finais do século XX

 


O empresario Alfonso Paz-Andrade faleceu este luns tras sufrir un accidente de tráfico ao impactar co seu vehículo contra unha vivenda en Gondomar (Pontevedra).


Os feitos tiveron lugar sobre as 15,20 horas deste luns, cando un particular notificou a saída de vía dun turismo e a súa colisión contra unha vivenda situada no lugar de Area, na parroquia de Peitieiros, ao 112 Galicia.

Pola súa banda, os xestores do centro de atención ás emerxencias pasaron aviso á Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e o servizo de mantemento da estrada.

Ademais, solicitaron a intervención do urxencias sanitarias do 061, os bombeiros de Val Miñor e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) ante a sospeita de que o condutor e único ocupante do vehículo puidese atoparse atrapado.

Unha vez no lugar, os profesionais sanitarios confirmaron o falecemento deste home e os efectivos do GES procederon á excarceración do corpo.

PERFIL DO EMPRESARIO
Paz-Andrade, de 80 anos de idade e fillo do empresario e político galeguista Valentín Paz-Andrade, desenvolveu a súa longa traxectoria profesional sempre vinculado ao mundo da pesca e a maquinaria naval. Fundador da empresa Ibercisa, incorporouse a finais dos 70 á dirección de Pescanova.

En 2007 abandonou o Consello da pesqueira, aínda que seguiu sendo un dos principais accionistas. En abril de 2013 sóubose que vendera unha gran parte das súas accións por 2,55 millóns de euros, uns días antes de que se suspendese a cotización de Pescanova, todo iso en plena crise da multinacional, tras destaparse o seu enorme buraco e unha controvertida xestión por parte, principalmente, da súa cabeza visible, Manuel Fernández de Sousa.


CONDENADO INCIALMENTE A UN ANO DE CÁRCERE

De feito, Fernández de Sousa e outros membros da cúpula de Pescanova foron condenados pola Audiencia Nacional polas prácticas fraudulentas para obter financiamento para a empresa e por falsear as contas para captar investidores. Entre os condenados estaba precisamente Alfonso Paz-Andradre, sentenciado inicialmente á pena dun ano de prisión e multa, aínda que a súa condena reduciuse posteriormente.

Paz-Andrade foi director de revístaa Industrias Pesqueiras, presidente do comité executivo da World Fishing Exhibition e membro de varias asociacións sectoriais de pesca, así como vicepresidente de Mutua Galega, e vicepresidente do Consello de Novacaixagalicia. Tamén foi membro do Consorcio da Zona Franca de Vigo e do Consello do Porto olívico, entre outros cargos.

No ámbito cultural, foi membro do Consello da Cultura Galega, pertenceu á Fundación Castelao e ás fundacións Neira Vilas, Luís Seoane, Fundación Galicia-Europa, Fundación Caixa Galicia e Fundación Saes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE