A fe

José Luis Fernández Carnicero

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

Case sempre que escoito falar da fe teño a sensación de que poucos coñecen a súa definición. Non me refiro os diferentes sinónimos ou acepcións que podamos darlle. Estou a falar da simplificación relixiosa que fan algúns dicindo que a fe é crer no que non vemos. Falamos máis de perder a fe, que de ter fe en algo. Non temos fe no tempo futuro, nin na melloría das cousas. Non temos fe no cambio positivo das persoas e xa queda pouca fe na terra. Buscamos a fe no plano da espiritualidade pero case sempre se pospón o tema para outro momento.


A fe é un concepto ben definido pero pouco divulgado. O autor da carta aos Hebreos fala da fe en todo o capítulo 11, con exemplos ao longo da historia sacra. Así a certeza e a esperanza forman parte integral da fe. Non se reduce a unha simple crenza baseada na imaxinación das persoas. A fe veñen polo oír, e ao oír a Palabra de Deus. Se escoitamos antes ás persoas que a Palabra de Deus a nosa fe non ten valor ningún. Pero por desgraza, por abuso da linguaxe, identificamos acreditar en alguén con ter fe nesa persoa. Son parámetros distintos e ao mesmo tempo complementarios no caso de Deus. Acreditamos nel se temos fe nel. E sen fe é imposible agradar a Deus, porque é preciso que o que se achega a el, acredite na súa existencia. Esa existencia e tan evidente como indemostrable e a propia Biblia non perde o tempo en tentar demostralo. Simplemente dáo por suposto. E resulta curioso que todos os que tentaron demostralo fracasaron, pois dependía dunha fe que deixaron fóra dos seus argumentos.


Se a fe move montañas non é maior en cantidade da que non as move. Esta expresión metafórica significa que a calidade de fe depende de cada uni que a exerce. Non se refire á cantidade. O mellor exemplo é a semente do grao de mostaza, de gran calidade que sendo a máis pequena de todas as sementes, nace dela unha árbore na que as aves poden facer niños. Con esa fe auténtica o poder de realizar cousas non se limita a ter superpoderes terreais, máis ben quere falarnos das espirituais. Con todo, a maior fe neste mundo non é máis que un ruído intenso, se falta o amor.


Moitos perderon a pouca fe que quedaba cando a relixión pasou polas súas vidas. A relación coas relixións fixo que pensasen nun Deus vengativo, escuro e sancionador. Despois desa experiencia, acolléronse ao novo termo chamado agnosticismo. Un eufemismo do ateísmo de sempre, pero que soa mellor. En fin, penso que podemos finalizar coa definición que comezamos e non enunciamos: “a fe é a certeza do que se espera e a convicción do que non se ve”. Esa fe é o instrumento para alcanzar a graza de Deus. Esa mesma fe non pode ser teórica e ten unha parte práctica que se manifesta en cada momento das nosas vidas.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE