Perigo polo coronavirus en Santiago ao triplicarse os positivos en só unha semana, advirte Bugallo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mostrou este venres a súa "preocupación" pola evolución da pandemia na cidade, xa que a incidencia a sete días triplicouse na última semana.

|

O 5 de maio o cómputo semanal de positivos caera a 13 e agora Santiago suma 40. Ademais, a capital está en plenas festas patronais da Ascensión, o que provoca aglomeracións nalgunhas rúas.


A curva bisemanal tamén leva catro días seguidos crecendo de maneira notable, aínda que o seu nivel (53) aínda é mellor que a media de Galicia (80).


Nos centros escolares da cidade, o máis afectado segue sendo La Salle, con 3 positivos, aínda que isto pode cambiar hoxe ao cerrar e unha aula na gardería pública da Alameda polo contaxio dunha traballadora.




O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mostrou este venres a súa "preocupación" pola evolución da pandemia na cidade, xa que a incidencia a sete días triplicouse na última semana.




Nunha rolda de prensa, Sánchez Bugallo explicou que non se trata de "datos alarmantes" nin cifras que, por se soas, sexan altas, pero evidencian unha tendencia "preocupante" que fai pensar que se seguirá incrementando nas próximas semanas.

Segundo contou, hai unha semana, a incidencia a sete días da capital galega era de 13 casos por 100.000 habitantes, mentres que este venres é de 41, máis de tres veces por encima.

"É previsible que a cifra siga crecendo a próxima semana, e iso, indubidablemente, non é bo, e debemos facer unha chamada de atención", dixo o rexedor.

Sánchez Bugallo explicou que os datos que manexa de "comportamento" dos composteláns estes días de festas da Ascensión "son razoablemente bos", pero chamou a atención sobre o efecto do incremento da mobilidade, así como do feito de que se "afrouxen as medidas" en "ambientes máis familiares".

Sobre as festas en pisos rexistradas estes días de Ascensión, Bugallo explicou que foron "menos alarmantes" do que se temía desde o consistorio. En concreto, explicou que se interveu nunhas cinco festas, unha cifra "non especialmente alta". "Globalmente, o comportamento foi bo", resolveu.


Mb4az coronavirus no concello santiago c mputo semanal de positivos



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE