Un positivo nunha escola infantil de Santiago, a situada na Alameda, obriga a pechar todo o centro

|

Santiago empeorou notablemente os seus índices de covid na última semana, aínda que segue con cifras mellores que a media


Nos datos oficiais difundidos onte, non había ningún positivo na escola infantil de Santa Susana nin ningunha aula pechada en toda a área sanitaria


La Salle segue sendo por agora o centro con máis casos activos na capital e só son tres


Escola Infantil Santa Susana da Xunta  na Alameda en Santiago de Compostela

Escola Infantil Santa Susana da Xunta na Alameda en Santiago de Compostela 


A escola infantil Santa Susana, en Santiago de Compostela, permanecerá pechada ata o vindeiro sábado, 22 de maio, despois de que dese positivo en covid-19 unha traballadora de apoio.


Así o informaba o xoves a dirección do centro ás familias usuarias a través dunha mensaxe, no que lles indica que, tras poñer en coñecemento do centro sanitario de referencia o contaxio desta empregada, decidiuse confinar as escola porque mantiña contacto con todos os grupos de idade e co resto do persoal.

Ademais, o centro remitiu ás autoridades sanitarias os contactos das familias, ás que se prevé que chamen ao longo deste venres.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress