Pechan a escola infantil Santa Susana de Santiago tras o positivo dunha traballadora de apoio
A escola infantil Santa Susana, en Santiago de Compostela, permanecerá pechada ata o vindeiro sábado, 22 de maio, despois de que dese positivo en covid-19 unha traballadora de apoio.
Santiago empeorou notablemente os seus índices de covid na última semana, aínda que segue con cifras mellores que a media
En os datos oficiais difundidos onte, non había ningún positivo na escola infantil de Santa Susana nin ningunha aula pechada en toda a área sanitaria
La Salle segue sendo por agora o centro con máis casos activos na capital e só son tres
Escola Infantil Santa Susana da Xunta na Alameda en Santiago de Compostela
A escola infantil Santa Susana, en Santiago de Compostela, permanecerá pechada ata o vindeiro sábado, 22 de maio, despois de que dese positivo en covid-19 unha traballadora de apoio.
Así o informaba o xoves a dirección do centro ás familias usuarias a través dunha mensaxe, no que lles indica que, tras poñer en coñecemento do centro sanitario de referencia o contaxio desta empregada, decidiuse confinar as escola porque mantiña contacto con todos os grupos de idade e co resto do persoal.
Ademais, o centro remitiu ás autoridades sanitarias os contactos das familias, ás que se prevé que chamen ao longo deste venres.
Escribe o teu comentario