Nivel máximo de restricións para Cambados, Laza e Padrón e Vigo segue no mesmo nivel por agora
A Xunta alega que non pode aínda relaxar as limitacións en Vigo porque está pendente duns cribados. Entre outros o que se está realizando para localizar posibles contagios da cepa india nun hospital.
A Xunta alega que non pode aínda relaxar as limitacións en Vigo porque está pendente duns cribados. Entre outros o que se está realizando para localizar posibles contagios da cepa india nun hospital.
Os municipios de Cambados, Laza e Padrón pasarán a contar co nivel máximo de restricións a partir das 00,00 horas deste venres.
Así o comunicou a Consellería de Sanidade tras a comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia provocada pola covid-19.
Nestes tres concellos a mobilidade estará restrinxida e os veciños non poderán saír a outro municipio salvo causas xustificadas. Así mesmo, a hostalería permanecerá pechada e estarán prohibidas as reunións de non conviventes.
O comité tamén decidiu situar no nivel alto de restricións aos municipios de Cangas, A Laracha, Lobios, Oleiros, Ribeira e Vilanova de Arousa.
Doutra banda, aplicaranse medidas de nivel medio en Ames, Barbadás, Betanzos, Bueu, Carballeda de Valdeorras, Carral, Cerdedo-Cotobade, Chantada, Cualedro, Cuntis, Fisterra, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Melide, Moaña, Moraña, Noia, Ordes, A Pastoriza, Ponte Caldelas, Salceda de Caselas, Santiso, Silleda, Soutomaior, Toén, Tomiño e Valga.
Ao nivel medio habería que engadir tamén polo momento a cidade de Vigo, á espera de revisar este mércores o resultado dos cribados realizados nas últimas horas. A Consellería de Sanidade matizou que a cidade de Vigo non pasará ao nivel medio baixo das restricións ata revisar estes resultados debido a que "hai certas dúbidas".
O resto de concellos da comunidade contarán coas medidas correspondentes ao nivel medio-baixo de restricións.
Escribe o teu comentario