O comité clínico anuncia os peches de Cambados, Vilanova de Arousa, Laza e Cualedro desde venres

As localidades de Cambados, Vilanova de Arousa, Laza e Cualedro pasarán a estar en nivel máximo de restricións pola covid-19 a partir das 00,00 horas do próximo venres, día 7 de maio. Nestes municipios, os veciños non poden saír salvo causas xustificadas, a hostalería permanece pechada e están prohibidas as reunións de non conviventes.

|

Os catro municipios pasan a estar no nivel máximo de restricións, que supón o peche da hostalería, prohibidas as reunións de non conviventes e o peche perimetral da localidade para partir do 7 de maio.


A gran incógnita é que ocorrerá a partir do 9 de maio, momento no que concluirá o estado de alarma. A Xunta anunciará o seu plan de roteiro esta mesma semana. 


Dúas mulleres conversan nunha praza do Grove, o día en que entra en vigor o peche perimetral do municipio, ao 8 de abril de 2021, no Grove, Pontevedra, Galicia, (España).  O Comité Clínico da Xunta de Galicia decretou este martes o peche p

O comité clínico anuncia novos peches | Foto: EP


As localidades de Cambados, Vilanova de Arousa, Laza e Cualedro pasarán a estar en nivel máximo de restricións pola covid-19 a partir das 00,00 horas do próximo venres, día 7 de maio. Nestes municipios, os veciños non poden saír salvo causas xustificadas, a hostalería permanece pechada e están prohibidas as reunións de non conviventes.

Así o comunicou este martes a Consellería de Sanidade tras a reunión do comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia, que determinou que A Merca, A Pastoriza, Marín, Gondomar, Salceda de Caselas, Padrón, Mesía, Ribeira, Coristanco e A Laracha pasen ao nivel alto, o seguinte con maiores restricións.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos termos municipais de Carballeda de Valdeorras, Verea, Muíños, Verín, Xinzo de Limia, Allariz, Toén, Chantada, Meira, Cerdedo-Cotobade, Vilagarcía de Arousa, Soutomaior, Fornelos de Montes, Cangas, O Porriño, Tui, Nigrán, Lalín, Silleda, Noia, Melide, Ordes, Carballo, Betanzos e Cambre. Ademais, entre estes municipios está Vigo, a única das sete grandes cidades galegas neste nivel de restricións.

Pola súa banda, no resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas as medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do próximo venres, día 7 de maio.

Deste xeito, o comité clínico inclínase por seguir aplicando peches perimetrais nos municipios e limitacións nos horarios das actividades, singularmente na hostalería. Con todo, prevese que o vindeiro xoves se volva a reunir este órgano que asesora á Xunta para abordar as medidas que se aplicarán en Galicia a partir do levantamento do estado de alarma o próximo 9 de maio.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE