Desparecido desde o venres, un ancián é atopado nun monte de Rois por unha axente forestal
Un axente forestal localizou na mañá deste luns nun monte de Rois (A Coruña) a un home de 80 anos que se atopaba desaparecido desde o domingo.
Unha axente forestal atopouno "en bo estado físico" nun monte de Rois despois de varias noites desaparecido e un amplo disposito montado na súa busca
O ancián foi trasladado en ambulancia segundo mostra a foto de @UGTForestaisGZ
Un axente forestal localizou na mañá deste luns nun monte de Rois (A Coruña) a un home de 80 anos que se atopaba desaparecido desde o domingo.
DENUNCIA O DOMINGO POLA NOITE
O axente participaba no operativo de procura articulado desde a central do 112 para dar co paradoiro deste home, cuxa desaparición foi denunciada na noite do domingo.Así, un dispositivo composto por catro axentes forestais, tres brigadas dos bombeiros forestais e persoal da Garda Civil e de Protección Civil iniciaron as tarefas de peiteado da proximidades onde fora visto por última vez.
O home foi localizado en perfecto estado de saúde ao redor das 12,00 horas deste luns no monte de Vilar de Abade, na parroquia de Sarribas, segundo trasladou o goberno local de Rois.
"Os axentes forestais estamos dispostos a colaborar en todas as accións nas que podamos ser de axuda", manifestou o presidente da Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia (Aprafoga), Félix Pérez de la Fuente.
Escribe o teu comentario