Stellantis Vigo (PSA) para dous días pola crise de microchips e a CUT advirte que o ERTE é nulo
A factoría viguesa do grupo Stellantis (antes PSA Peugeot Citroën) volverá suspender parte da súa actividade produtiva este domingo e na mañá do luns debido a problemas de subministración derivados da falta de microchips (semiconductores), segundo informaron fontes da planta.
Todos os sindicatos, menos CIG e CUT, asinaron un acordo para dar flexibilidade á empresa vistos os previsibles problemas de falta de pezas; a CUT asegura agora que ese acordo non é válido por defectos formais
A factoría viguesa do grupo Stellantis (antes PSA Peugeot Citroën) volverá suspender parte da súa actividade produtiva este domingo e na mañá do luns debido a problemas de subministración derivados da falta de microchips (semiconductores), segundo informaron fontes da planta.
Así, a empresa comunicou na tarde deste venres a sindicatos e traballadores que se suspende a produción do sistema 2 (o que monta as furgonetas) na xornada do domingo, 2 de maio, e na quenda de mañá do luns, día 3.
A planta de PSA tivo que paralizar a súa produción en varias ocasións desde principios de ano polos problemas de subministración de compoñentes, cuxos fabricantes á súa vez están condicionados pola falta de semiconductores (microchips). Esta mesma semana a factoría tivo que paralizar a súa actividade desde a quenda de noite do luns ata a quenda de tarde do mércores.
Ante este escenario, a empresa puxo en marcha os mecanismos de flexibilidade previstos (bolsa de horas e días de adecuación de xornada). No caso dos operarios que esgotasen estes mecanismos, aplicarase o ERTE pactado co comité (fóra de CIG e CUT), ao que se poden acoller os operarios fixos a tempo completo.
Stellantis en Vigo trasladou este xoves que mantén previsións de "alta actividade" entre os meses de maio e xullo por unha demanda "maior que a prevista", polo que alcanzará unha produción ao redor dos 2.300 vehículos ao día. Con todo, xa advertiu que estas previsións de actividade dependerán da evolución dos actuais problemas de aprovisionamento de pezas.
Escribe o teu comentario