Soprendido 'in fraganti' un home prendendo un incendio forestal queimando un colchón

Un home foi detido na localidade coruñesa de Padrón tras ser sorprendido mentres tentaba iniciar un incendio forestal nun monte prendendo lume a un colchón.

|

O incendio chegou a prender, pero só queimou uns 300 metros cadrados de monte, antes de que o sorprendese a Policía Autonómica


Policia autonomica



Un home foi detido na localidade coruñesa de Padrón tras ser sorprendido mentres tentaba iniciar un incendio forestal nun monte prendendo lume a un colchón.

O individuo foi arrestado tras ser localizado por axentes da Policía Autonómica na tarde do pasado xoves, segundo informa este venres a Xunta nun comunicado.

O detido foi sorprendido 'in fraganti' cando iniciaba o incendio, que chegou a afectar a uns 300 metros cadrados de superficie de monte raso.

Con todo, a intervención da Policía Autonómica, desarollada en colaboración con axentes ambientais, impediu que as chamas se expandisen ao monte.

O arrestado quedou ao dispor do xulgado de instrución de garda de Padrón, onde prestou declaración.

No que vai de ano, doce persoas foron detidas pola Policía Autonómica como supostos responsables de incendios forestais.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE