Covid municipios: A Coruña e Santiago soben, Marín lidera as alzas e Vigo consolida a súa mellora




|

O mapa da incidencia acumulada semanal por municipios mostra que hai zonas de Galicia cun alto nivel de coronavirus. 


Vigo, Bergantiños, Viana, Celanova, Arousa e Valdeorras son as comarcas en peor situación. Iso si, o foco de Vigo parece que empeza a remitir, non así o de Arousa.




Os municipios por encima de 250 positivos por 100.000 habitantes nos últimos días son un menos que onte. Carballeda baixa por fin de risco máximo (en negro no mapa) a risco extremo (en vermello no mapa). Seguen no peor nivel posible Cualedro, Verea e Muiños en Ourense e Mesía na provincia da Coruña. 


O nivel máximo adoita ser o que aplica a Xunta para decidir que municipios perimetra. Con todo, énos o único criterio. Por exemplo, Verea, Mesía e Muiños non están perimetrados, pero si o está Vilanova de Arousa, a pesar de que a súa incidencia acumulada semanal é inferior a 250. 


Marín escapouse onte por pouco delperímetro do SERGAS. Medida que podería chegar este venres de continuar a evolución de hoxe, pois o seu cómputo semanal é un dos que máis crece en Galicia (+7), igualando o de A Coruña, un municipio con moitísima máis poboación.


Relación de concellos cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:


  • Vigo -13
  • Ponteareas -7
  • Ribeira -5
  • Ames -4
  • Nigrán -3
  • Cambre -2
  • Carballo -2
  • Arteixo -1
  • Ferrol -1
  • Ordes -1
  • Verín -1
  • Tui -1
  • Vilanova de Arousa -1



Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:


  • Coristanco +1
  • Culleredo +1
  • Oleiros +1
  • Lugo +1
  • Redondela +1
  • Salceda de Caselas +1
  • Santiago de Compostela +2
  • Cambados +2
  • Lalín +2
  • Laracha +3
  • Gondomar +4
  • Pontevedra +4
  • Porriño (Ou) +4
  • Vilagarcía de Arousa +6
  • Coruña (A) +7
  • Marín +7



A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:


COMPARATIVA DE CIDADES

Una das mellores noticias nos últimos días é que Vigo parece que está a mellorar. O seu cómputo semanal leva catro días sen subir e encadea dúas xornadas baixando, ata os 259 positivos. A 14 días esta mellora empeza a visualizarse. Por primeira vez nunha semana a incidencia bisemanal cae en Vigo:




O camiño recente de Santiago vai na dirección contraria . Compostela está emporando nas últimas xornadas e encadea cinco días consecutivos á alza no seu cómputo semanal. No seu cómputo a dúas semanas o lixeiro empeoramento empeza a ser visible hoxe:



 



A inc




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE