Levamos xa un ano convivindo coa ameaza do COVID. Neste tempo, por descoñecemento, as autoridades políticas e sanitarias, así como os investigadores estiveron desconcertadas ante este virus descoñecido que ademais foi mutando noutras variedades sen ter controlada a primeira. Neste tempo tomáronse decisións a fume de carozo, é normal.
Emer Cooke directora da EMA na rolda de prensa sobre as vacinas de AstraZeneca
Pero agora, xa se ten experiencia para organizarse moito mellor de como se está facendo. A UE, como debe, erixiuse no organizador da grave pandemia en canto a coordinar- e outras cousas máis- a compra de vacinas despois de que as institucións pertinentes, chámense Axencia Europea do Medicamento e outros organismos reguladores aproben o seu uso e aproben que son aptas para ser administradas.
Desenvolver unha vacina leva entre 10 e 15 anos para que sexa administrable en humanos. Nesta situación de emerxencia, en todo o mundo, os investigadores tiveron que traballar a fume de carozo, a situación así o require. Nestes momentos xa contan con varias vacinas para ser fornecidas a toda a cidadanía- os que ten diñeiro para pagala-, pero os efectos secundarios destas vacinas realizadas en tempo récord levantan dúbidas, incerteza e medo. Máis cando cada día sae que un número persoas, poucas din os especialistas, ten efectos secundarios importantes, algúns delas faleceron. A desconfianza fixo efecto na poboación.
A falta de planificación, da UE na compra da vacúas- pillaxe polo medio- que non acaban de chegar, os efectos secundarios dalgunhas delas, máis a orde da administración da mesma está a ser caótica, aínda que digan o contrario. Non hai un criterio único o que produce máis medo e inseguridade. Cada día sae algo novo que descoloca ás persoas que sente abandonadas e inseguras.
A polémica de AstraZeneca está cada día sendo noticia, polos efectos que esta produce. Algúns países non a queren administrar, outros, que xa teñen un número importante de persoas vacinadas coa primeira dose exponse non poñer a segunda, España está entre eses países. Mentres países como Francia e Alemaña planean poñer a segunda dose pendente con outras vacinas como Pfizer ou Moderna. E hai unha terceira opción e é que hai países que non van seguir as directrices da UE e queren adquirir a famosa vacina rusa.
A cidadanía ten a impresión de que a unidade rachou e que cada un vai á súa para salvarse da mellor maneira posible.
Ante esta situación, a cidadanía ten a impresión de que a unidade rachoy e que cada un vai á súa para salvarse da mellor maneira posible. Entón a pregunta é para que serve a UE se estamos agora en “sálvese” quen poida? É hora de que se tranquilicen as autoridades comunitarias, que non corra o pánico e que actúen como un bloque que se chama Europa. Se nestas situacións de crises, non se responde como se espera deles, fraco favor estan facendo e vólvese a outra etapa da Europa dividida e o individualismo será de novo a política practicable.
Dicía José Luís Sampedro que "Europa é como un xefe que nunca se pon ao teléfono”. Mentres, o medo para os efectos da vacina está a facer que o 40% dos madrileños e o 25% dos galegos non queiran poñerse a vacina de AstraZeneca. En Catalunya, un número importante de xente non está a acudir a vacinarse. Que sucede cando non queren esa vacina? Alguén debería explicar o que sucede.
Escribe o teu comentario