Viaqua e Cruz Vermella Ourense selan a súa vinculación e aposta pola inserción laboral
O Plan de Emprego da Cruz Vermella de Ourense e Viaqua danse a man co proxecto Reto Social Empresarial, co obxectivo de impulsar a inserción empresarial.
O Plan de Emprego da Cruz Vermella de Ourense e Viaqua danse a man co proxecto Reto Social Empresarial, co obxectivo de impulsar a inserción empresarial.
No marco desta iniciativa realizouse unha doazón de EPIs para a realización de prácticas formativas non laborais do curso de capacitación “Organización de Almacéns e preparación de Pedidos con Ferramentas TIC”.
Acordo entre Viaqua e Cruz Vermella Ourense | Foto: Viaqua
Desde Cruz Vermella Ourense levan a cabo varias iniciativas “co fin de mellorar a empregabilidade dos participantes”, cun especial peso dos mozos en busca de oportunidades laborais.
De igual maneira, esta non é a primeira alianza que alcanzan Viaqua e Cruz Vermella, que xa colaboran de forma activa en moitos outros proxectos en varias cidades. Entre os obxectivos das dúas organizacións están “desenvolver unha sociedade máis xusta e equitativa impulsando o emprego de calidade, a igualdade de oportunidades, a accesibilidade e a inclusión, así como o desenvolvemento do talento e a empregabilidade”.
“En liña coa Axenda 2030 de Nacións Unidas, Viaqua defende que un crecemento económico inclusivo e sostido pode impulsar o progreso, crear empregos decentes para todos e mellorar os estándares de vida”, sinalan desde Viaqua, á vez que reafirman o seu compromiso coa ONY e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Escribe o teu comentario